Volve Halloween con novidades e produtos terroríficos e divertidos.

Halloween, doce e terrorífico!

27 de septembro de 2023

Xa falta menos para Halloween! Probablemente, a noite máis divertida do ano na que todos o pasamos... “de medo”!

Este ano celebramos esta festa tan internacional e terrorífica con novidades na nosa selección. Tamén con produtos que xa triunfaron o ano pasado e volven, algúns deles de forma diferente. Descúbreo neste divertido vídeo!

Temos a selección de larpeiradas máis completa e todo o que necesitas para vivir o mellor Halloween: larpeiradas variadas, gomas de mascar, piruletas, chocolates, etc. Ideais para adozar momentos arrepiantes, sempre con moderación, para regalar e compartir con amigos e familia.

Saco de larpeiradas e selección Halloween

Saco de golosinas Halloween Mercadona

  • Saco de larpeiradas: que mellor lugar para levar as túas larpeiradas preferidas e gardar todas as lambetadas da noite de Halloween? Contén 3 bolsiñas con moita variedade: gomas de mascar, regalicia branca e os fantasmas azuis.

Surtido Halloween Mercadona

  • Selección de Halloween: selección de larpeiradas con gomas de mascar de melón, dentaduras, caramelos brandos pintalinguas, piruletas, ósos e vermes pica pica e caramelos.

Boo! Mix e Pop Eye

Boo! Mix y Pop Eye Mercadona

  • Boo! Mix: unha bolsiña de larpeiradas terroríficas na que podes encontrar diferentes doces: cerebros, morcegos, cabazas e cairos. Este ano con novas larpeiradas no seu interior!
  • Pop Eye: 4 ollos con recheo nunha mesma bolsiña. Os ollos con recheo sempre triunfaron, pero este ano volven cunha bolsiña dedicada exclusivamente a eles, para aterrorizar aos namorados deste produto.

Momia de chocolate e selección de chocolate

Momia de chocolate y surtido de chocolate Halloween Mercadona

  • Momia de chocolate: figura de chocolate con leite cun monstruoso deseño de momia para regalar ou degustar.
  • Selección de chocolate: bolsa cunha deliciosa selección de figuras de chocolate con leite e sen glute. Figuras presentadas en envoltorios de esqueletos, fantasmas, monstros, arañas... Inclúe bombóns de chocolate con leite con recheo de praliné (abelás e améndoas) envoltos con papel de ollos e cabazas. E tamén bombóns de chocolate branco con recheo de trufa con envoltorios deseñados con lúas, nubes e morcegos.

Piruletas chocolate e espetos de larpeiradas

Piruletas chocolate y brochetas de golosinas Halloween Mercadona

  • Piruletas chocolate: piruleta de chocolate con leite en formato individual cun debuxo de Halloween e pau de papel. Deseño de catrina, cabaza e vampiro.
  • Espeto de larpeiradas: 4 modelos diferentes de espetos. Sabor moi agradable e esponxosidade nunha nube doce multicolor en forma de cabaza, zombi, fantasma e monstro.

Outras recomendacións

Propoñémosche 4 receitas para o menú completo da túa cea de Halloween.

Se queres formatos de pizza máis pequenos, proba esta receita de Minipizzas de Halloween.

Prepara unhas divertidas Galletas de Halloween con forma de fantasma. Sigue a nosa receita paso a paso!