Os espaguetes sen glute de Mercadona con salsa mariñeira son unha maneira diferente de consumir peixe: salsa de tomate con luras, mexillóns e cigalas.

Espaguetes sen glute con salsa mariñeira

23 de maio de 2018

Un prato de pasta é sempre un acerto, e máis se está acompañado de delicioso peixe. Os espaguetes sen glute con salsa mariñeira de Mercadona son perfectos para degustalos coa familia ou entre amigos. Ademais, a pasta sen glute de Mercadona convértese na opción ideal para persoas celíacas.

Sigue o vídeo da receita de espaguetes sen glute con salsa mariñeira:

Ingredientes para 4 persoas:

  • 400 g de espaguetes sen glute.
  • 1 bote de tomate frito receita artesá.
  • 500 g de peixe: luras, mexillóns e cigalas.
  • Aceite de oliva virxe extra, sal e pementa branca.
  • Pirixel picado.

Paso a paso:

Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa desta saborosa receita.

1. Limpar e cortar, se é o caso, o peixe.

limpiar mejillones

limpiar calamar

limpiar cigala
2. Quentar nunha tixola un pouco aceite e refogar o peixe (primeiro as luras que tardan máis en facerse, logo os mexillóns e finalmente as cigalas).

calentar el pescado y saltear

3. Engadir o tomate e a pementa branca. Cociñar de 10 a 15 minutos a lume medio, ata que abran todos os mexillóns.

Añadir pimienta y tomate al sofrito de pescado

4. Poñer unha pota con auga a ferver e cocer a pasta o tempo que se indique no envase.

Hervir y cocer la pasta sin gluten

5. Engadir o sal na metade da cocción e non escorrer a pasta con auga fría.

Añadir sal a los spaghetti sin gluten a mitad cocción

6. Sacala da pota cunha paleta, unhas pinzas ou coala nun escorredoiro ou coador.

sacar los spaghetti sin gluten y dejar escurrir en un colador

7. Mesturar a pasta coa salsa no recipiente.

mezclar spaghetti sin gluten con la salsa marinera

8. Agregar unha chisca de pirixel ben picado co prato xa montado…

agregar perejil bien picado a los spaghetti sin gluten de Mercadona salsa marinera

… e a gozar desta deliciosa receita de Espaguetes sen glute á Mariñeira!

Outras recomendacións

Para acompañar este delicioso prato suxerímosche o viño Blancauvas de Mercadona, un viño branco cun sabor suave e afroitado elaborado con uvas Viura e Sauvignon Blanc.

Se che gustan os espaguetes sen glute de Mercadona tes á túa disposición outros tres tipos de pasta sen glute: hélices, macarróns e fideos.

Xa sabes que na sección de Peixería de Mercadona podes encontrar a máxima variedade e frescura do noso Peixe e marisco.