Produtos de alimentación infantil de froitas variadas e lácteos.

Deliciosas opcións de alimentación para o teu bebé

17 de xullo de 2023

Queres ampliar a alimentación do teu bebé cos mellores produtos? A nosa gama de alimentación infantil en froitas variadas e lácteos ofréceche combinacións perfectas de sabores e nutrientes. Son ingredientes esenciais para a súa dieta equilibrada, que a complementan á perfección.

Descubre estas opcións prácticas e deliciosas, para tomar con ou sen culler. En tarriño ou en formato de peto. Produtos especialmente deseñados para adaptarnos ás necesidades alimenticias do tu bebé a partir dos 4 meses.

Introduce novos sabores na alimentación do teu pequeno ou pequena con esta variedade de froitas. Fai que o momento da comida sexa especial e coida o seu crecemento con estes produtos. Ao ataque!

Diferentes opcións para a dieta equilibrada do teu pequeno ou pequena

Para tomar con culler:

Froita variada en tarriño

Cada unha destas opcións inclúe 4 unidades de 130 g cada unha.

Froita e lácteo

A mestura perfecta para contribuír ao seu desenvolvemento.

Fruta variada en tarrito: Fruta y lácteo de Mercadona

  • Froita e iogur, a partir dos 8 meses.

Froita
Opcións específicas para cada etapa do desenvolvemento do teu bebé.

Fruta variada en tarrito: Fruta de Mercadona

  • Froita variada a partir dos 4 meses.
  • Compota de mazá a partir dos 6 meses.
  • Plátano, mandarina e pera a partir dos 4 meses.
  • Plátano, laranxa e galleta a partir dos 4 meses.
  • Froitas e avea a partir dos 8 meses.
  • Pera e mazá a partir dos 4 meses.

Modo de uso

Abre o tarriño, remóveo cunha culler e xa está listo para consumir directamente. A súa boca ancha proporciónache unha extraordinaria comodidade para administralo. Unha vez aberto, manteno en refrixeración e consúmeo nun máximo de 24 horas.

Para tomar sen culler:

Froita de peto

Un formato máis compacto e especialmente indicado para tomar fóra da casa, xa que é moi fácil de levar.

Froita e lácteo

Sobremesa láctea pasteurizada despois da fermentación. A partir dos 8 meses.

Fruta de bolsillo: Fruta y lácteo Mercadona

  • Iogur con galleta.
  • Iogur con amorodo e plátano.
  • Iogur con pera.

Froita

Diferentes opcións segundo as etapas de desenvolvemento do teu bebé.

Fruta de bolsillo: Fruta de Mercadona

  • Froita variada a partir dos 8 meses.
  • Plátano e mazá a partir dos 6 meses.
  • Amorodo e plátano a partir dos 8 meses.
  • Coco e piña a partir dos 8 meses.
  • Plátano, amorodos, arandos e avea a partir dos 8 meses.
  • Melón e sandía (edición limitada á tempada de verán) a partir dos 6 meses.
  • Plátano, laranxa e galleta a partir dos 6 meses. (pronto)

Modo de uso

Almacénao a temperatura ambiente. Axita antes de abrir ou consumir. Unha vez aberto, consérvao no frigorífico e consúmeo nun máximo de 48 horas.

Outras recomendacións

En Mercadona podes encontrar todo o que necesitas para o coidado do teu bebé: toalliñas perfumadas, cueiros, biberóns, pomadas, etc.

Dispoñemos de Protectores solares infantís en crema e spray para coidar e hidratar a pel do teu pequeno ou pequena.

Coñeces os Traxes de baño Desbotables Deliplus? Son a protección ideal para que o teu bebé goce do verán e da auga ao máximo.