A nosa liña de iogures infantís inclúe diferentes opcións deliciosas, nutritivas e divertidas.

Coida o teu pequeno ou a túa pequena cos nosos Iogures infantís

25 de abril de 2024

Invitámoste a coñecer a nosa liña de Iogures infantís, especialmente deseñada para satisfacer as necesidades nutricionais dos máis pequenos da casa.

Opcións líquidas e de culler que che ofrecen unha deliciosa variedade de sabores. Seguro que triunfan!

Iogures infantís, nutrición a esgalla

Líquidos

Yogures infantiles Líquidos Mercadona

Estes iogures líquidos infantís van sobrados de sabor, benestar e comodidade. Moi fáciles de tomar en calquera momento do día, en almorzos, merendas, como sobremesas, entre horas...

Iogur líquido de amorodo

Goza co súa explosión de frescura e sabor. Dispoñibles en paquetes de 12 minibotellas de 115 g.

Iogur líquido natural con azucre de cana

Os seus ingredientes auténticos e o agradable sabor doce convérteno nunha opción deliciosa e nutritiva para o teu pequeno ou a túa pequena. Preséntanse nun formato paquete de 12 minibotellas de 115 g.

De peto

Yogures infantiles de bolsillo Mercadona

Petit de peto de amorodo: a opción máis práctica. Moi fácil de levar no peto ou na mochila para gozar deste delicioso aperitivo cando ti queiras. Paquete de 4 unidades de 90 g.

De culler

Yogures infantiles de cuchara Mercadona

Estes iogures satisfán os padais máis esixentes, con ingredientes coidadosamente seleccionados, mesturas imbatibles e prácticos envases. Ampla gama de sabores e texturas que achegan vitalidade.

Iogur azucrado YogoMix variado de flocos de millo, bóliñas e disquiños de chocolate

Unha mestura irresistible de sabores crocantes en cada bocado, combinados coa suavidade do iogur. Diferentes complementos de flocos de millo, bóliñas de chocolate e disquiños que veñen nun envase independente dentro do lote, para mesturar ao teu gusto co iogur. Paquete de 6 unidades de 150 g.

Iogur azucrado YogoMix Bóliñas con bóliñas de chocolate

Un pracer para gozar en calquera momento do día, coas súas tentadoras bóliñas de chocolate a modo de complemento para mesturar co iogur. Veñen en paquete de 2 iogures de 150 g.

Iogur azucrado YogoMix Discos con disquiños de chocolate

A combinación perfecta entre o suave e o crocante, con divertidos disquiños en diferentes cores. O iogur vén por un lado e os disquiños para mesturar por outro dentro do mesmo paquete. Dispoñibles en lotes de 2 unidades de 150 g.

Petit sabores

Sabores amorodo-plátano nestes iogures, especialmente deseñados para os padais máis esixentes da casa. Encontraralos en paquetes de 12 unidades de 60 g.

Outras recomendacións

Coñeces as nosas opcións de Cacao en po? Instantáneo, en sobres, sen azucres engadidos... cal prefires?

Dispoñemos dunha boa gama de froitas variadas e lácteos para a alimentación do teu bebé.

Probaches as nosas Pizzas con masa con recheo de queixo? Non sabes o que estás perdendo...