charcuteria de mercadona

Chacinería de Mercadona: imprescindibles no teu día a día, coa mellor calidade

26 de marzo de 2024

Descubre a sección de Chacinería onde poderás encontrar unha oferta coidadosamente seleccionada ofrecendo unha ampla variedade de produtos que deleitarán o teu padal e elevarán os teus pratos a outro nivel.

Dende os exquisitos xamóns, ata a diversidade de queixos, cada produto é unha invitación a explorar novos sabores e novas texturas. Mergúllate na tentación dos nosos embutidos, coa súa mestura perfecta de especias e sabores auténticos. Non podemos esquecer os patés, coas súas delicadas combinacións de ingredientes, e as irresistibles sobrasadas que engaden un toque de sabor ás túas receitas.

A nosa selección da Chacinería de Mercadona

Xamóns

Selección de la Charcutería de Mercadona.

Ofrecémosche unha experiencia completa para satisfacer todos os teus gustos e necesidades. Dende os máis selectos xamóns curado e ibéricos ata opcións prácticas como os nosos paquetes de liscos de xamón; temos todo o que necesitas para gozar desta delicia gastronómica.

Prefires o corte da máquina para unha maior comodidade? Temos pezas enteiras dispoñibles para iso! Ou talvez prefiras o servizo de corte co coitelo, onde os nosos expertos che brindarán liscos perfectos con todo o sabor e a tradición.

Ben sexa para unha ocasión especial ou simplemente para o teu día a día, na nosa sección de Xamóns encontrarás calidade e variedade inigualables. Ven e descubre a excelencia dos nosos produtos!

Embutidos, curados e sobrasadas

Selección de la Charcutería de Mercadona.

Invitámoste a explorar unha ampla variedade de sabores e texturas que deleitarán o teu padal. Dende os clásicos embutidos ibéricos ata opcións máis tradicionais, temos todo o que necesitas para satisfacer os teus antollos culinarios.

Ao igual que co noso famoso xamón, ofrecemos o servizo de corte coa máquina para aqueles que buscan conveniencia e rapidez. Os nosos expertos están listos para proporcionarche os liscos perfectos de embutidos, mantendo a calidade e o sabor en cada bocado.

Ademais, no noso mural frío encontrarás unha extensa selección de embutidos e sobrasadas, onde poderás descubrir unha ampla variedade de opcións para compracer o teu gusto. Dende os clásicos chourizos e salchichóns ata saborosas sobrasadas, hai algo para todos os gustos e todas as ocasións.

Friame

Selección de la Charcutería de Mercadona.

Dende o clásico Xamón cocido ata a deliciosa Peituga de polo, pasando polo saboroso Lacón e o tenro Lombo de pavo, temos unha selección incrible para o día a día do teu fogar. A nosa variedade de friame é tan ampla como os teus gustos.

Ademais, para facerche a vida máis fácil os nosos friames están envasados e dispoñibles en distintos formatos para adaptárense ás túas necesidades e ao teu estilo de vida.

Queixos tenros, semicurados, curados, vellos e anellos

Selección de la Charcutería de Mercadona.

Xa botabas de menos os Queixos, verdade? Tenros, semicurados, curados, vellos e anellos... Ofrecémosche unha selección elaborada cos máis altos estándares de calidade e seguindo as receitas tradicionais. O noso compromiso é seguir mellorando a nosa proposta para conseguir que cada queixo sexa un éxito seguro.

Pensamos na túa comodidade, por iso che ofrecemos tamén cuñas xa cortadas, a mellor opción para gozar o teu queixo inmediatamente e sen complicacións.

Queixos en liscos, relados e porcións

Selección de la Charcutería de Mercadona.

O mundo dos queixos é inabarcable, pero nós temos a opción perfecta para cada ocasión. Para acompañar os teus bocadillos, hamburguesas e sándwichs, nada mellor que os queixos en liscos. Cal che gusta máis? Contamos co Havarti cremoso, o espectacular Queixo Cheddar en liscos e incluso o especial Fundir liscos, entre outros.

Ademais no noso mural de frío, encontrarás unha selección de queixos relados, como o 4 Queixos, a Mozzarella Pizza-Roma, o Emmental e moitos máis, ideais para cociñar ou condimentar os teus pratos favoritos!

No nos esquecemos dos Queixiños en porcións, moi versátiles, que podes utilizar para os teus bocadillos, sándwichs; para enriquecer purés de verduras... Ademais, son moi prácticos para levar contigo como un refrixerio saboroso cando estás fóra da casa.

Queixos untables e frescos

Selección de la Charcutería de Mercadona.

Os nosos Queixos untables son ideais para empezar o día con enerxía, como parte dun aperitivo delicioso ou para dar un aire especial ás túas receitas. Dende sabores máis suaves ata máis intensos, encontrarás o queixo perfecto para cada ocasión.

E se falamos de Queixos frescos, tampouco quedamos atrás: o Queixo fresco natural e a Mozzarella son os máis coñecidos, pero quizais prefires outros menos populares, pero igualmente saborosos, como a Ricotta, o Cottage ou o Queixo batido. Non te resistas!

E para os que buscan sabores intensos, non poden faltar o rulo de Queixo de cabra, o Queixo azul ou o clásico Camembert, imprescindibles do noso lineal que lle achegan un toque sofisticado a calquera prato. Ti elixes!

Patés “ambiente” e frescos

Selección de la Charcutería de Mercadona.

Ten un capricho coa nosa exquisita selección de Patés. Se buscas a comodidade por enriba de todo, escolle os nosos patés “ambiente”, fóra de refrixeración, cunha diversidade de sabores perfecta para os bocadillos dos teus fillos ou calquera ocasión informal: paté suave, intenso, ibérico, de atún...

Se aumentamos o grao de sofisticación, ofrecémosche os patés en tarro de cristal: finas herbas, polo asado, salmón, etc. Unha selección de propostas elegantes, a compañía perfecta dunha táboa de queixos ou como aperitivo nunha cea especial.

E se visitas o mural de frío, alí encontrarás unha exquisita variedade de patés frescos: de porco con pementa verde, de porco con finas herbas, de porco con polo con trufas e arandos; tamén mousse de pato e bloque de foie-gras para sorprenderte con cada bocado.

Queixos sen lactosa

Selección de la Charcutería de Mercadona.

Esta ampla gama de Queixos sen lactosa, para persoas intolerantes a este compoñente lácteo, é a solución para que todos poidan gozar do queixo sen problemas. Queixos untables, en liscos, en cuña, frescos e en porcións que manteñen todo o sabor dun queixo tradicional, para satisfacer os teus gustos e necesidades en bocadillos, sándwichs, aperitivos ou o que ti prefiras.

Outras recomendacións

Goza a nosa versátil selección de Manteigas e margarinas. Para as túas torradas, bocadillos, salsas, receitas de repostería e moito máis.

Aproveita todos os beneficios do Quéfir coas nosas versións líquidas.

A nosa variedade de Pastas italianas Armando proporciónache o sabor máis auténtico, producida por De Matteis Agroalimentare, un dos grandes produtores italianos de pasta de alta calidade.