Pasádeo estupendamente na noite de Halloween coa nosa Cabaza e coa Bolsa de Variedade de Xuxes de Hacendado.

Celebra Halloween coas larpeiradas máis terroríficas

18 de outubro de 2018

Achégase Halloween, a noite máis terrorífica do ano pero tamén unha das máis divertidas.

Para que todo o mundo goce da data ofrecémosche a nosa Cabaza Halloween e a nosa Variedade de Xuxes. A estas alturas, dous elementos clásicos nesta noite máxica cos que pequenos e maiores o pasaredes estupendamente.

Cabaza Halloween

A Cabaza de Larpeiradas de Halloween non pode faltar nesta noite de bruxas. Consigue unha delas e goza coa súa variedade doce de larpeiradas apta para todos, xa que son sen glute.

Se rebuscas no seu interior, encontrarás arrepiantes gomas de mascar cun zumarento recheo líquido, dentaduras de zombis, un delicioso caramelo para mascar (sabor fresa), xunto a bolsiñas de doces osiños con sabores a froitas e nubes. Todos eles sen glute e envoltos individualmente, listos para compartir!

Pero non queda aí a cousa, xa que a cabaza servirache como un orixinal envase para gardar os teus doces ou para repartilos cos teus amigos.

Bolsa de Variedade de Xuxes Halloween de Hacendado

O mellor para acompañar as festas máis arrepiantes é a nosa Variedade de Xuxes Hacendado.

Pon o disfrace máis aterrador que encontres e asusta a túa familia e amigos con este sorprendente mix de larpeiradas e caramelos.

Hai moitísimas larpeiradas no seu interior para repartir e gozar! Caramelos duros, gomas de sabores, caramelos brandos, efervescentes… Só tes que abrir a bolsa e dicir: Truco ou Trato?

Non quedes sen a Cabaza Halloween e a Bolsa de Variedade de Xuxes para celebrar este día tan divertido. Ademais, nas nosas tendas poderás encontrar unha ampla oferta de chocolates e larpeiradas para facer de Halloween unha noite terrorificamente doce.

Outras recomendacións

Que non todo sexa medo. Goza dos Iogures Hacendado para beber cos seus diferentes sabores e texturas. Elixe o que máis che guste!