Nueva cebolla caramelizada de Mercadona, disfruta de un toque de sabor diferente en tus platos.

Cebola Acaramelada. Unha experiencia gourmet

24 de agosto de 2017

A nova Cebola Acaramelada de Mercadona engade un extra de sabor aos teus pratos, achegándolles un toque diferente e gourmet ás túas receitas.

A Cebola Acaramelada presenta unha textura suave e suculenta, e achégalles un toque especial aos teus aperitivos, saladas, hamburguesas… É moi doada de incorporar como gornición en carnes e peixes, xa que está lista para tomar e preparada para empregar en calquera momento.

Un complemento que harmoniza con case todas as elaboracións e que non deixará indiferentes aos teus amigos e familiares.

Deleita o teu padal e o dos teus convidados coa nova Cebola Acaramelada. Xa dispoñible en Mercadona!

Outras recomendacións:

Alén diso, Mercadona pon á túa disposición unha rica variedade de prebes, os complementos ideais para lles dares un toque diferente e especial aos teus pratos, bocadillos e patacas fritidas. Novos prebes Curry, Jalapeño e Cremosa.