Menú semanal sen glute para persoas celíacas. Suxestións de almorzos, xantares e ceas.

As mellores ideas para un menú semanal sen glute

12 de maio de 2023

Cada día, renovamos o compromiso coas persoas celíacas. A nosa selección de produtos sen glute segue crecendo: contamos xa con 1.550 referencias deste tipo. Ao mesmo tempo, colaboramos coas principais asociacións de celíacos do noso país.

O próximo 16 de maio é o Día Internacional do Celíaco. Ademais de contribuír a facer visible a enfermidade, en Mercadona queremos poñercho máis fácil para planificar as túas comidas con esta proposta de menú semanal sen glute. Toma nota e goza destas deliciosas receitas!

As mellores ideas para un menú semanal sen glute

Almorzos

Luns

Torrada sen glute con requeixo, aguacate, tomate cereixa e sementes.

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

Martes

Torradas de pan de fogaza sen glute con hummus, cóengos e tomates secos.

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

Mércores

Torrada de pan de fogaza sen glute con ovos revoltos, champiñóns e pementa negra moída.

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

Xoves

Tortiñas de arroz con crema de cacahuete, plátano e arandos.

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

Venres

Torradas sen glute con salmón, ovo cocido, aguacate e ceboliño.

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

Xantares

Torta salgada de tomate

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Corta en rodas 3 tomates pera e pola metade 200 g de tomate cereixa.

2. Mestura 125 g de queixo de cabra, 1 cullerada de leite, 150 g de ricotta, ½ cullerada de ceboliño, unha pouca pementa negra moída e reladura de limón.

3. Quenta o forno a 180º.

4. Estende 1 masa de follado sobre unha bandexa con papel de forno e verte enriba a mestura de queixos.

5. Dispón enriba os tomates, salga, engade un fío de aceite e remata con outra ½ cullerada de ceboliño e ourego.

6. Pinta os bordos do follado cun ovo batido.

7. Mete no forno a 180º uns 20 minutos, ata que se vexan os bordos dourados.

Fideos chineses con colas de gambón, espárragos e cogomelos

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Ferve 150 g de fideos chineses 2 minutos.

2. Nunha tixola cun pouco aceite, refoga 1 paquete de cogomelos, engade 125 g de espárragos cortados en anaquiños, 125 g de colas de gambón e 1 dente de allo picado.

3. Engade nesa mesma tixola con todos os ingredientes, os fideos chineses cocidos e bota salsa de soia sen glute segundo vos guste.

4. Unha vez integrada ben a salsa, sirve con 20 g de cacahuetes picados por enriba.

Ensalada de cóengos, cereixas e burrata

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Refoga nunha tixola 40 g de beicon ata que doure. Reserva en papel absorbente para desgraxar.

2. Parte algunhas cereixas pola metade e desósaas.

3. Tosta 2 culleradas de sementes lixeiramente nunha tixola sen aceite.

4. Prepara a ensalada cunha cama de cóengos (uns 100 g), 1 burrata no centro, o beicon, as cereixas e as sementes.

5. Adereza con sal e aceite e sirve.

Espaguetes carbonara con cogomelos

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Refoga nunha tixola ampla 250 g de cogomelos cun fío de aceite durante uns 10 minutos.

2. Pon a ferver 200 g de espaguetes en abundante auga salgada.

3. Mentres, bate 3 xemas e mestura con 40 g de parmesano e pementa negra acabada de moer.

4. En canto os espaguetes leven uns 6 ou 7 minutos de cocción, coa e mestura coidadosamente co refogado de cogomelos.

5. Cos espaguetes xa fóra do lume, engade a mestura de ovo e queixo e remove moi ben, con moito coidado, evitando que os espaguetes rompan.

6. Sirve e termina con grana padano acabado de relar e abundante pementa negra.

Ñoquis de queixos con recheo e gratinados

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Nunha tixola cun fío de aceite, refoga 2 allos enteiros e pelados.

2. Mestura 300 g de tomates cortados en anacos co seu zume e engádeos á tixola co allo. Salpementa e deixa reducir uns 10 minutos a lume suave.

3. Corta en anacos 70 g de mozzarella en cubos e leva os anacos a un coador, premendo para que perdan parte da auga.

4. Coce 400 g de ñoquis 2 minutos en auga fervendo e coa.

5. Retira os allos do tomate, engade 1 culleradiña de ourego e os ñoquis.

6. Engade a metade da mestura de queixos nos ñoquis.

7. Unta cunha pouca manteiga un recipiente apto para forno e coloca os ñoquis, corrixe de sal, cubre cunha lixeira capa de tomate e esparexe o resto dos queixos.

8. Mete no forno e gratina o conxunto 10 minutos a 250º.

Ceas

Ensalada de polo e aguacate

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Pica 4 cogombriños moi finos e 1 aguacate en tacos duns 3 centímetros.

2. Mestura 140 g de polo en tiras con 100 g de queixo crema, os cogombriños picados, ½ bote de millo doce e o aguacate cortado en anacos.

3. Pódese servir na propia pel do aguacate e terminar esparexendo millo doce, coandro picado, un fío de aceite de oliva e con picos sen glute para acompañar.

Robaliza con chícharos e salsa de espinacas

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Escalda 15 segundos as espinacas nun litro de auga fervendo. Bótaas enseguida nun recipiente con auga con xeo para arrefriar.

2. Nunha tixola, doura 1 dente de allo picado e ½ cebola doce picada. En canto branqueen, engade 150 ml de viño branco e deixa que evapore o alcohol.

3. Bota 150 g de espinacas escaldadas no batedor xunto ao zume de medio limón e o rustrido de allo, cebola e viño branco e tritura moi finamente. Pasa por un coador extraendo todos os zumes.

4. Nunha tixola cun fío de aceite, refoga 3 culleradas de chícharos removendo de vez en cando ata que desconxelen. Engade a salsa coada de espinacas e quenta o conxunto.

5. Se vos gusta máis espesa, disolve unha culleradiña de fariña fina de millo nunha pouca auga fría e engade á salsa verde.

6. Nunha bandexa apta para forno, coloca 2 lombos de robaliza salgados e aceitados sobre papel vexetal. Mete no forno a 180º durante 10 minutos.

7. Leva os lombos de robaliza xa cocidos á salsa mesturando os zumes e sirve no prato.

8. Remata coa reladura de ½ limón.

Hamburguesa de atún

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Bate 1 ovo e engade 2 culleradas de pan relado sen glute.

2. Corta 250 g de atún en tacos e despois pásaos lixeiramente no batedor: ten que quedar fino, pero sen que quede unha pasta.

3. Mestura o atún salpementado xunto ao ovo batido, 1 culleradiña de cebola en po, outra de xenxibre en po e 2 culleradiñas de salsa de soia. Deixa repousar na neveira un par de horas.

4. Forma dúas hamburguesas e cociña nunha tixola cun fío de aceite durante 3 minutos por cada lado, aproximadamente.

5. Pódese acompañar de patacas palla e un ovo á prancha ou servir sobre pan de hamburguesa sen glute.

Feixóns verdes con xamón e améndoas

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Coce os feixóns verdes entre 8 e 10 minutos nunha cazola cun litro de auga fervendo. Reserva parte da auga de cocción.

2. Nunha tixola sen aceite, tosta 20 g de améndoas laminadas e reserva.

3. Na mesma tixola cun pouco aceite, refoga ½ porro e ½ cebola cortados moi finos. Salpementa e refoga uns 8 minutos.

4. Engade 80 g de taquiños de xamón e remove un par de minutos. Suma enseguida os feixóns e mestura ben.

5. Nuns 100 ml de auga de cocción dilúe 1 cullerada de fariña fina de millo e engádella aos feixóns.

6. Pon a ferver ata que a salsa espese.

7. Reparte as améndoas laminadas e sirve.

Xamonciños de polo á cervexa

Las mejores ideas para un menú semanal sin gluten.

1. Refoga nunha pota con aceite 600 g de xamonciños de polo salgados ata que douren. Reserva.

2. No mesmo recipiente, engade 1 cebola doce cortada a xuliana moi fina. Salpementa e refoga 10 minutos.

3. Engade os xamonciños de polo, remove e engade 2 latas de cervexa.

4. Deixa reducir a lume medio, ata que se forme unha salsa suculenta.

5. Sirve no prato acompañado con puré de patacas de gornición.

Outras recomendacións

Na nosa sección de receitas encontrarás outras opcións de receitas aptas para celíacos, coma estas: Pizza sen glute e Crocante de verduras sen glute.

Acompaña os teus pratos con estes crocantes Picos sen glute.

Lembra incorporar froitos secos á túa cesta equilibrada. Por exemplo, as nosas variedades de Pistachos: tostados sen sal e pelados ao natural. Ambos sen glute.