Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Aliñas de Polo asadas e Costelas Grelladas cortadas de Mercadona, dous pratos preparados perfectos para consumir e compartir no mesmo envase.

Aliñas de Polo e Costelas Grelladas

13 de agosto de 2018

Se che gustan os pratos de carne con especias, saborosos e moi fáciles de preparar, temos para ti dous preparados clásicos dos que nunca fallan:

  • Aliñas de Polo asadas
  • Costelas Grelladas cortadas

Dous pratos preparados para consumir e compartir no mesmo envase

Dúas magníficas solucións cando non temos demasiado tempo pero imos sobrados de bo apetito. Ideais para ceas rápidas e para picar ou como exquisitos aperitivos.

Dous pratos perfectos para consumir e compartir no mesmo envase, unha nova forma de dipear.

Basta con quentar e tomar directamente do bote, nin sequera tes que ensuciar un prato.

E se che sobran, pódelas tapar, gardar na neveira e volvelas consumir durante as seguintes 24 horas.

Modo de preparación das Aliñas de Polo asadas de Mercadona

Preparar unhas deliciosas Aliñas de Polo asadas que sempre lles gustan a todos é rápido e moi sinxelo.

Podes quentalas no microondas ou no forno:

  • Microondas

1. Sacar as aliñas da súa bolsa.

2. Botalas no bote (non tapar).

3. Quentar 4 minutos no microondas (a máxima potencia).

  • Forno

1. Sacar as aliñas da súa bolsa.

2. Botalas nun envase apto para forno.

3. Quentar 15 minutos no forno a 180 ºC.

Respecto ao modo de conservación:

  • Conservar entre 0-4 ºC.
  • Unha vez aberto, consumir en 24h. Mantelo na neveira entre 0-4 ºC.

Modo de preparación das Costelas Grelladas cortadas de Mercadona

Tan fácil como a preparación das aliñas é a dunhas riquísimas costelas con todo o sabor dunha boa grellada.

Podes quentalas no microondas ou no forno:

  • Microondas

1. Sacar as costelas da súa bolsa.

2. Botalas no bote (non tapar).

3. Quentar no microondas (a máxima potencia) durante 4 minutos.

  • Forno

1. Sacar as costelas da súa bolsa.

2. Botalas nun envase apto para forno.

3. Quentar no forno a 180 ºC, durante 15 minutos.

Respecto ao modo de conservación:

  • Conservar entre 0-4 ºC.
  • Unha vez aberto consumir en 24h. Mantelo na neveira entre 0-4 ºC.

Este verán, goza dos teus pratos favoritos preparados ao instante: saborosas aliñas de polo e exquisitas costelas grelladas para as túas reunións máis especiais con familiares ou con amigos. Con especias ao teu gusto e, sen ter que cociñar!

Outras recomendacións

Gústanche os sabores exóticos? Proba o Falafel de Mercadona acompañado de salsa tahina, perfecto como aperitivo, entrante ou para picar en calquera momento do día.

Para completar unha boa cea pódenche vir ben estas Hamburguesas Vexetais para toda a familia: con berenxenas, sementes de cabaza e xirasol e con chícharos e espinacas.