4 receitas para condimentar con Salsa Cocktail.

4 suxestións de Receitas con Salsa Cocktail

31 de outubro de 2023

Listo para darlles aos teus mariscos e aperitivos un toque de sabor? A Salsa Cocktail é un aderezo clásico que se utiliza sobre todo para acompañar mariscos, como gambas, lagostinos, cangrexo..., e outras preparacións de polo, ensaladas, aperitivos, etc.

Distínguese pola súa cor rosa pálida (por iso é coñecida tamén como Salsa Rosa) e a súa textura cremosa. De sabor agridoce, con predominio de notas de tomate e maionesa, é perfecta para resaltar os sabores de alimentos naturais.

Preséntase en formato “top down” de 460 ml, pero na tempada do Nadal servímola tamén en tarros de cristal de 500 ml, para facilitarche o consumo e a dosificación nas túas preparacións.

Ademais, é unha salsa para todos os públicos, xa que non contén glute nin lactosa. Dámosche unhas ideas de cociña nas que esta salsa é fundamental. A ti con que che gusta máis combinala?

Paso a paso para preparar 4 receitas con Salsa Coktail

Cóctel de gambas con salsa rosa

Recetas con Salsa Coktail: Cóctel de gambas con salsa cocktail

Receita para 2 persoas

1. Marca 6 gambóns nunha tixola con aceite a lume forte, un minuto por cada lado. Reserva.

2. Pica á xuliana moi fina 60 g de brotes tenros, 6 tomates cereixa en metades, ½ aguacate en cubos e 2 ravos en láminas moi finas.

3. Pela os gambóns e reserva 2 coa cola.

4. Mestura os brotes, o aguacate e os tomates cereixa xunto a 2 culleradas de salsa rosa e os outros 4 gambóns cortados en anacos.

5. Sirve a mestura en 2 vasos de cóctel e termina con máis salsa rosa, os ravos e 1 gambón con cola por cada vaso.

Mexillóns con salsa rosa

Recetas con Salsa Coktail: Mejillones con salsa cocktail

Receita para 2 persoas

1. Limpa ben 500 g de mexillóns baixo auga fría, retirando as barbas.

2. Incorpora 2 dentes de allo chafados e con pel a unha pota cun fío de aceite. En canto comecen a “bailar”, incorpora os mexillóns e tapa.

3. Destapa pasados 5 minutos e comproba que os mexillóns están abertos. Reserva.

4. Pica ½ pemento vermello, ½ pemento verde e ½ cebola doce en dados moi pequenos e adereza cun chorriño de aceite de oliva.

5. Abre os mexillóns completamente, deixando só a cuncha coa carne adherida.

6. Cubre con 1 culleradiña do picado de hortalizas e uns poucos carochos.

7. Termina cun chisco de salsa rosa en cada mexillón.

Ensalada de pasta con salsa rosa

Recetas con Salsa Coktail: Ensalada de pasta con salsa cocktail

Receita para 2 persoas

1. Coce 200 g de laciños vexetais en auga fervendo salgada uns 8 minutos. Coa e arrefría en auga fría. Escorre e reserva.

2. Parte uns 12 tomates cereixa pola metade e 1 mozzarella de búfala en cubos.

3. Mestura a pasta cos tomates, a mozzarella, 2 latas de atún con parte do seu aceite, 1 cullerada de alcaparras e 1 lata de olivas negras.

4. Salpementa, engade a salsa rosa segundo vos guste e mestura ben.

Polo especiado con salsa rosa

Recetas con Salsa Coktail: Pollo especiado con salsa cocktail

Receita para 2 persoas

1. Corta en anacos 250 g de peitugas de polo en cubos duns 4 cm cada un. Salpementa e mestura xunto a 2 culleradiñas de comiño, 1 culleradiña de canela e 2 culleradiñas de pemento doce de La Vera.

2. Engade 1 iogur grego á mestura, o zume de ½ laranxa e rela 1 allo enteiro, uns 2 cm de xenxibre e a reladura de ½ laranxa.

3. Engade 1 culleradiña de fariña de millo, mestura ben e reserva 2 horas na neveira.

4. Retira o polo da mariñada e sécao lixeiramente. Quenta unha tixola cun fío de aceite e vai marcando os anacos, pouco a pouco, ata que se cociñen completamente.

5. Corta 50 g de brotes á xuliana fina e 4 tomates cereixa pola metade.

6. Humedece o pan de pita lixeiramente con auga e tórrao por ambas as dúas caras. Ábreo pola metade e enche cos brotes tenros, os tomates cereixa e o polo refogado.

7. Coroa con cebola frita crocante e salsa rosa segundo vos guste.

Outras recomendacións

Se buscas outra salsa para acompañar os teus pratos de Nadal, deixámosche todas estas ideas coa nosa salsa tártara.

Se tes dúbidas, consulta o tempo de cocción de cada marisco.