Ensinámosche a preparar 4 entrantes rápidos para compartir, moi fáciles.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir

26 de outubro de 2023

No Nadal, a comida convértese nunha oportunidade para compartir momentos e sabores especiais con amigos e familia. Esta tradición arredor dunha mesa, converteu a propia comida no símbolo do noso cariño e unión.

Presentámosche catro entrantes moi rápidos e fáciles de preparar, que resultan ideais para gozar compartindo. Advertímosche que son rápidos en canto a preparación, pero o seu sabor e a súa presenza son insuperables. Estas festas sírveos na túa mesa.

Paso a paso para preparar 4 receitas para compartir con 4 persoas

Vol au vent de tártaro e ovo de paspallás

Vol au vent dispoñible na Campaña de Nadal

1. Pica moi fino 2 chalotas, 4 cogombriños e un pouco ceboliño.

2. Mestúrao todo con 2 culleradas de aceite de oliva e media culleradiña de mostaza. Salpementa.

3. Pica en cubos moi pequenos 150 g de solombo de tenreira.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

4. Agrega á mestura anterior e remove moi ben.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

5. Quenta 12 vol au vents uns 5 minutos no forno a 180 ºC.

6. Arrefría. Enche coa mestura.

7. Coroa cun ovo de paspallás á prancha. O recomendable é comelo de inmediato.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

Tosta de foie fresco con marmelada

Tosta de foie dispoñible na Campaña de Nadal

1. Pasa as pezas de foie volta e volta por unha tixola moi quente e sen aceite. Ata que douren.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

2. Corta o pan de cristal pola metade e cada metade de novo en dúas, conseguindo 4 rebandas.

3. Tórraas e coloca un anaco de foie sobre cada unha das rebandas.

4. Sobre cada rebanda engade 1 culleradiña de marmelada de tomate, un pouco sal en escamas e unha ramiña de ceboliño.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

Vol au vent de salmón e mascarpone

Vol au vent dispoñible na Campaña de Nadal

1. Mestura 150 g de mascarpone con sal e pementa, herbas picadas (ceboliño, alfábega e coandro) e un pouco zume de limón.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

2. Coloca a mestura de mascarpone dentro de cada vol au vent, engade o salmón afumado en pequenos liscos ou taquiños.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

3. Termina decorando con ovo fiado (dispoñible na Campaña de Nadal) e un chisco da reladura da pel dun limón.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

Polbo braseado sobre hummus

1. Marca as patas de polbo na prancha ou nunha tixola, para que douren. Corta en anacos o polbo unha vez braseado.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

2. Estende hummus na base dun prato ou fonte e coloca enriba os anacos de polbo.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

3. Esparexe lixeiramente con pemento doce e sal en escamas.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

4. Agrega un xeneroso chorro de aceite de oliva.

4 entrantes rápidos de sabores extraordinarios para compartir.

Outras recomendacións

No Nadal, nada mellor para compartir que uns momentos doces coa nosa exquisita selección de Turróns e Bombóns.

Toma nota destas 4 receitas de aproveitamento coas sobras do Nadal.