Apetéceche coidarte coas nosas Tortillas de trigo 100 % integrais? Descubre 3 deliciosas receitas

3 receitas con Tortillas de trigo 100 % integrais

12 de xaneiro de 2022

Agora que xa pasou o Nadal e volvemos á rutina, é conveniente coidarse e adquirir novos hábitos saudables. As Tortillas de trigo 100 % integrais son unha boa opción para iso. Ademais, están riquísimas e son moi fáciles de preparar.

Son perfectas para xantares e ceas familiares. Podes consumilas enroladas ou dobradas e co recheo segundo che guste (doce ou salgado) ou podes quentalas no microondas ou na tixola; incluso usalas como base de fina pizza, consumilas como pan para dipear ou acompañar o teu prato favorito...

Melloras na calidade deste produto

Atención ás nosas melloras de calidade neste produto:

  • Pasamos de utilizar fariña de trigo e farelo a usar fariña de trigo 100 % integral.
  • Pasamos a utilizar aceite de xirasol.

3 receitas con Tortillas de trigo 100 % integrais

Tortilla 100 % integral con salmón afumado

Imagen Texto 1 Tortillas Integrales

Ingredientes

  • Salmón afumado.
  • Aneto.
  • Eiruga
  • Aguacate.
  • Lima.
  • Ceboliño.
  • Queixo fresco.
  • Ourego.
  • Tortilla de trigo 100 % integral.

Modo de preparación

  • Corta a tortilla lonxitudinalmente dende o centro da tortilla cara ao exterior.
  • Completa un dos cuartos da circunferencia que forma a tortilla cunha pouca eiruga.
  • Tritura cun garfo un anaco de aguacate, aliña con lima e esparexe un pouco ceboliño picado. Dispón a mestura sobre outro dos cuartos da tortilla.
  • Estende salmón afumado sobre o terceiro cuarto da tortilla e sazona con aneto.
  • Dispón unhas cortadas de queixo fresco sobre o último dos cuartos e esparexe con ourego.
  • Cerra a tortilla: a eiruga sobre o aguacate, despois sobre o salmón e, por último, sobre o queixo.
  • Marca na prancha 2 ou 3 minutos por cada lado e gózaa.

Pizzeta integral con verduras

Imagen Texto 3 Tortillas Integrales

Ingredientes

  • Tomate natural.
  • Queixo relado mozzarella.
  • Berenxena.
  • Cabaciña.
  • Champiñóns.
  • Pemento vermello.
  • Tortilla de trigo 100 % integral.

Modo de preparación

  • Estende a tortilla de trigo integral sobre un papel de forno.
  • Engade o tomate triturado natural. Cubre con queixo relado mozzarella.
  • Corta unhas rodas moi finas de cabaciña, berenxena, champiñón e pemento. Parte en anacos pequenos e coloca sobre a pizzeta.
  • Métea no forno quente a 220 ºC por espazo de 5 minutos.

Conos integrais de polo e queixo crema

Imagen Texto 2 Tortillas Integrales

Ingredientes

  • Zanco e coxa de polo desosado.
  • Leituga.
  • Tomates cereixa.
  • Queixo crema light.
  • Herbas segundo vos guste.
  • Tortilla de trigo 100 % integral.

Modo de preparación:

  • Estende unha tortilla integral e enrola sobre si mesma xerando un vértice e formando un cono. Coloca un escarvadentes para que o cono permaneza firme. Méteo no forno 10 minutos a 200 ºC, controlando constantemente que o cono non se deforme, non se queime e que quede ben crocante.
  • Nunha prancha, asa o zanco ou coxa de polo desosado, dourándoo ata que quede completamente cociñado. Corta en anacos co coitelo e reserva.
  • Unta o interior do cono con queixo crema light. Esparexe herbas aromáticas segundo vos guste (ourego, tomiño, aneto…).
  • Enche o interior con leituga cortada fina, tomates cereixa cortados pola metade e o polo cortado en anacos.

Outras recomendacións

Probaches Cereal Mix, 100 % natural? É unha rica mestura de cereais da máxima calidade, para os teus momentos sen azucre engadido.