Carteis salmón sostible de Hacendado en Mercadona

Salmón Hacendado: un peixe sostible de Mercadona

08 de febreiro de 2021
  • O salmón fresco a granel e en bandexa de Mercadona provén de piscifactorías xestionadas de forma responsable e sostible.
  • Os principios de conservación que cumpre o salmón fresco de Mercadona respectan os estándares de ASC e Global Good Aquaculture Practice (Global Gap).
  • Todos os provedores de peixe de Mercadona cumpren coa Política de Compra de Produtos da Pesca.

Mercadona conta cunha Política de Compra de Produtos da Pesca propia onde aposta por garantir a sostibilidade dos produtos pesqueiros que pon á venda e que é asinada por todos os provedores. O salmón fresco de Hacendado a granel e en bandexa cumpre cos requisitos da devandita Política de Compra de Produtos da Pesca e cos estándares máis estritos de sostibilidade.

O salmón fresco de Mercadona procede de piscifactorías certificadas en Seguridade alimentaria, medio ambiente e benestar animal, xestionadas de forma responsable e sostible. Isto é posible grazas ao traballo que realiza o provedor Leroy Seafood xunto con ASC e Global Good Aquaculture Practice (Global Gap).

O provedor é auditado anualmente para contrastar que se cumpren os principios de conservación que promoven ambos os dous estándares que o apoian.

Para coñecer as condiciones e ter información sobre a sostibilidade do salmón fresco de Mercadona podes consultar o seguinte informe (Documento en español):

Informe Salmón Sostenible Hacendado de Mercadona

Descargar

 

Ademais, o provedor participa en proxectos de I+D para, por exemplo, aplicar novas tecnoloxías que permitan incrementar a sostibilidade da produción.

Este feito está enfocado no ODS 14 de Vida Submarina dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, ao que está adherido Mercadona. O que significa que promove a conservación e utilización sostible dos mares e dos recursos mariños.

Logo EActiVate