Caramelos de Xenxibre, Limón e Própole de Hacendado en Mercadona

Mercadona lanza os seus novos Caramelos de Xenxibre, Limón e Própole

05 de febreiro de 2021
  • Esta é unha das últimas innovacións que se uniron á oferta da cadea de supermercados e é 0 % azucre, como pedían os “Xefes” (clientes).
  • O consumo de xenxibre e de produtos que contan con esta raíz como compoñente foron á alza nos últimos anos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, lanza os seus novos Caramelos de Xenxibre, Limón e Própole de Hacendado, unha innovación que acaba de unirse á oferta da cadea de supermercados.

O consumo de xenxibre e de produtos que contan con esta raíz como compoñente foi á alza nos últimos tempos e combina de forma óptima co limón e co própole nuns caramelos cun toque picante e aromático que, ademais, son 0 % azucre, como pedían os “Xefes” (clientes) de Mercadona.

Os novos Caramelos de Xenxibre, Limón e Própole, no lineal de MercadonaOs novos Caramelos de Xenxibre, Limón e Própole, no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate