Peixe de Mercadona.

Así é a política responsable que hai detrás do peixe de Mercadona

30 de agosto de 2017
  • A Política de Compra de Produtos da Pesca de Mercadona aposta por garantir a sustentabilidade dos produtos pesqueiros á venda.
  • Todos os fornecedores e interfornecedores de peixe de Mercadona están subscritos a esta política, que continúan a aplicar e a mellorar ano após ano.

Todos os interfornecedores e fornecedores de pesca están comprometidos a cumprir coa Política de Compra de Produtos da Pesca de Mercadona.

Este feito encóntrase recollido desde hai anos na Memoria de Medio Ambiente de Mercadona

Política de pesca sustentable de Mercadona

  • Non ter produtos procedentes da pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
  • Garantir a trazabilidade desde o punto de captura até a súa venda.
  • Etiquetar os produtos cumprindo a lexislación vixente, achegando unha información clara, veraz e asequible para o consumidor.
  • Garantir o cumprimento legal e as medidas de ordenamento en vigor no tocante aos tamaños mínimos, paros biolóxicos e vedas, entre outras.
  • Apoiar a mellora continua e as mellores técnicas dispoñibles canto aos métodos e ás artes de pesca.
  • Apoiar a incorporación de novos produtos que cumpran os criterios de sustentabilidade.
  • Eliminar da variedade especies ameazadas ou en perigo de extinción, ou procedentes de ecosistemas seriamente ameazados.
  • Fomentar produtos de acuicultura sustentables a través de estándares de boas prácticas recoñecidos internacionalmente.
  • Apoiar a pesca local.
  • Respectar condicións de traballo dignas.

Todas as decisións no ámbito serán tomadas baseándose na información científica dispoñible procedente de organismos e institucións de recoñecida solvencia.

Outras iniciativas

O 100% do atún en lata Hacendado procede de caladoiros xestionados de xeito responsable, grazas ao traballo constante e á colaboración do interfornecedor Escurís (Jealsa-Rianxeira) con ISSF (International Seafood Sustainability Foundation), entidade sen ánimo de lucro dedicada a promover a sustentabilidade das pesqueiras de atún.

Escurís (Jealsa-Rianxeira) é auditada anualmente para verificar o seu compromiso con todas as prácticas de conservación que promove ISSF, incluíndo a trazabilidade total do produto e a formación dos capitáns dos barcos en boas prácticas de sustentabilidade.

Como parte desta colaboración Mercadona tamén se ten adherido, xunto con outras 83 organizacións de todo o mundo (incluíndo ONGs, frotas pesqueiras e distribuidores), á carta que ISSF lles enviou ás autoridades competentes solicitando accións para mellorar a sustentabilidade da pesca do atún.

Toda esta información, e outros feitos e compromisos en materia de sustentabilidade e medio ambiente, están dispoñibles na Memoria de Medio Ambiente de Mercadona.