Nova bolsa compostable de sección dispoñible en todas as tendas de Mercadona

Mercadona cumpre co seu compromiso e elimina as bolsas de plástico dun só uso en todas as súas tendas

26 de xaneiro de 2021
  • En 2025, Mercadona reduciría un 25 % o plástico nos seus lineais e usará unicamente envases reciclables e reciclará todos os seus residuos plásticos.
  • A compañía investirá máis de 140 millóns de euros na Estratexia 6.25, que hoxe completa, en toda a cadea, o cumprimento da primeira das súas 6 accións, o que supón a redución de 3.200 toneladas de plástico ao ano.
  • En 2021 a cadea transformará todos os seus centros ao modelo Tenda 6.25, onde se farán visibles os cambios que a empresa está levando a cabo para a redución de plástico.

Mercadona, fiel ao seu compromiso “Si a seguir coidando o Planeta”, cumpre o primeiro fito da Estratexia 6.25, que levou a cabo ao longo de 2020, e elimina as bolsas de plástico dun só uso de todas as seccións das súas tendas físicas, no servizo a domicilio e en liña.

Agora a cadea ofrécelles aos Xefes (clientes) bolsas compostables, fabricadas a partir de fécula de pataca, que deben depositarse no contedor de materia orgánica, como indica o pictograma que se incluíu nas bolsas coa intención de facilitarlles aos clientes a separación e reciclaxe dos seus residuos. Este símbolo tamén se incorporou ao resto de bolsas da liña de caixas onde Mercadona dispón dende hai tempo de tres opcións reutilizables e sostibles.

Ademais, a compañía dispuxo papeleiras diferenciadas en todas as seccións para que os clientes poidan depositar de forma separada os seus residuos e contribuír así á economía circular. O cumprimento desta primeira acción da Estratexia 6.25 supón unha redución de 3.200 t de plástico ao ano.

A Estratexia 6.25 de Mercadona, que ten o triplo obxectivo para 2025 de reducir un 25 % o plástico, facer todos os envases reciclables e reciclar todos os residuos plásticos xerados nas súas instalacións, estase levando a cabo a través dun total de 6 accións que leva consigo modificacións en diferentes procesos da compañía, dende o redeseño dos envases do futuro en coordinación cos provedores, a adaptación das tendas e a loxística, a xestión de residuos, etc. Na súa totalidade, a compañía ten previsto investir máis de 140 millóns de euros nos próximos catro anos para levar a cabo todos os fitos que forman a devandita estratexia.

Mercadona creou un equipo de traballo transversal para identificar e definir os cambios que se van aplicar nos diferentes procesos da cadea de montaxe

A cadea comezou a traballar nesta estratexia en 2019 implicando a todos os traballadores da empresa no reto de Seguir Coidando o Planeta e facendo máis sostibles diferentes procesos da cadea de montaxe.

A empresa conta cun equipo de traballo que coordina todas as áreas de actuación da Estratexia 6.25 e está formado por traballadores e traballadoras dos diferentes procesos da compañía como Tendas, Prescrición, Informática, Compras, Loxística, Financeiro, Recursos Humanos, Relacións Externas e Obras.

Nos últimos catro meses, Mercadona adaptou 72 tendas da cadea en España e Portugal ao modelo Tenda 6.25, que se irá estendendo a toda a cadea durante 2021.

Estes centros, nos que xa poden observarse avances da estratexia, teñen como obxectivo escoitar a opinión de clientes e traballadores respecto a todas as acciones que a empresa está desenvolvendo. Durante este tempo recibíronse máis de 5.000 opinións e suxestións, tanto de clientes como de traballadoras e traballadores, que están contribuíndo a mellorar a aplicación das distintas accións definidas para reducir o plástico e impulsar a economía circular.

Traballadores de Mercadona coas novas bolsas compostablesTraballadores de Mercadona coas novas bolsas compostables.

Mercadona irá facilitando información sobre a Estratexia 6.25 na sección ‘Coidemos ol Planeta’ da súa web corporativa onde, ademais, “O Xefe” encontrará contido sobre reciclaxe, sostibilidade e o compromiso medioambiental de Mercadona. Texto 2 Imagen Tienda 6.25

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 290 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de toda España e Portugal, aos que doa diariamente e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan. De feito, en 2020 a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 17.000 toneladas de alimentos, 15.800 en España e 1.200 en Portugal, cantidades que se foron incrementando dende que a compañía tomou a decisión de reforzar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que viña colaborando habitualmente. Igualmente, Mercadona colabora estreitamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, destaca que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Pensando na mobilidade sostible do “Xefe” (cliente), a empresa dispón xa de 1.350 prazas de aparcadoiro con puntos de recarga para vehículos eléctricos situadas nos aparcadoiros de 501 tendas. Mercadona comezou a instalar puntos de recarga para vehículos eléctricos en 2017, coa implantación do Novo Modelo de Tenda Eficiente, e prevé seguir aumentando esta cifra ao longo de 2020.

Mercadona é socia dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Estratexia 6.25

Logo EActiVate