Accións para reducir a miña pegada de carbono

Que podo facer para reducir a miña pegada de carbono?

22 de abril de 2023

O cambio climático é un dos principais problemas que temos na actualidade. Mercadona non é allea a iso. Sofre os seus efectos nalgúns dos seus procesos e é consciente de que a súa actividade tamén pode contribuír a este. Por iso, dende hai anos, comprometémonos a dicir “Si a seguir coidando o Planeta” a través de diferentes accións como a redución da pegada de carbono, a implantación de placas solares ou a estratexia 6.25 para reducir o plástico nas nosas tendas, entre outros.

Accións que producen un impacto na pegada de carbono

A queima de combustibles, o uso de enerxía eléctrica, non xestionar correctamente os residuos… son feitos que contribúen negativamente ao impacto no cambio climático. Dende a casa, tamén podemos contribuír a reducir o impacto no medio ambiente con pequenas accións.

Axúdanos a reducir impactos sobre o cambio climático

Presentámosche algunhas ideas para reducir emisións  de CO2 no teu día a día. Cada xesto conta!   

  • Se podes, desprázate a pé, en bicicleta ou en trasporte público para vir ás nosas tendas.
  • Utiliza os puntos de recarga de Mercadona para cargar o teu vehículo eléctrico mentres fas a compra.
  • Consume produtos de proximidade. Os alimentos locais subminístranse ás nosas tendas con menos movementos de transporte, o que contribúe a reducir os impactos en emisións. 
  • Utiliza as nosas bolsas reutilizables, ou ven comprar con outras bolsas que teñas na casa! O uso de bolsas reutilizables favorece a economía circular e supón unha redución de recursos naturais.