- A compañía calcula a súa pegada de carbono para estudar e establecer iniciativas de descarbonización.
- Mercadona está aliñada cos obxectivos do Acordo de París (COP21) para alcanzar a neutralidade climática en 2050.
- Aforro e eficiencia enerxética e loxística sostible, entre as medidas para reducir a pegada de carbono.
Mercadona non é allea aos problemas climáticos da actualidade. Por iso, dentro do seu compromiso co planeta, a empresa calculou as emisións que xera a súa actividade co obxectivo de visualizar os seus principais focos de impacto e así poder reducilos.
Vídeo en español
Dende 2015 a compañía reduciu nun 38 % a súa pegada de carbono e, en consecuencia, os gases de efecto invernadoiro que afectan ao aumento da temperatura global do planeta.
Estes gases afectan á actividade de Mercadona, pero tamén se emiten en procesos propios da empresa . Por esta razón, e como compromiso cos obxectivos marcados polo Acordo de París (COP21) para alcanzar a neutralidade climática en 2050, Mercadona calculou o seu impacto medindo a evolución das súas emisións dende 2015 a 2021. Grazas a esta medición, Mercadona pode acreditar unha redución de emisións do 38 % en 2021 respecto a 2015.
Algunhas medidas de Mercadona para reducir a pegada de carbono
- Substitución de gases refrixerantes mediante a instalación de sistemas de refrixeración con CO2 transcrítico e subcrítico, que empregan refrixerantes naturais máis sostibles e eficientes.
- Control de fugas de gases refrixerantes, cumprindo os métodos do mantemento preventivo e mediante o telecontrol de mecanismos.
- Instalación de 9.000 placas solares nas tendas.
- Aforro enerxético nas tendas eficientes de Mercadona, con novos murais frigoríficos, mobles de conxelados cerrados e instalación de LED, entre outros.
- Loxística sostible a través de camións a gas, frota EURO 6 ou superior, furgonetas ECO, transporte ferroviario, incorporación de camións bitráiler e megatráiler.
Sistema de Xestión Ambiental de Mercadona
Dende hai anos, a compañía conta cun sistema de xestión ambiental propio baseado en identificar, previr e reducir os impactos ambientais xerados pola súa actividade.
En 2021, Mercadona investiu 49 millóns de euros en protección do medio ambiente, adaptando constantemente o sistema ás demandas sociais e aos propios obxectivos da empresa.
Este sistema está centrado en tres áreas principais: optimización loxística, eficiencia enerxética e xestión de residuos. Coñece todos os feitos de Mercadona dentro destas materias.