Mercadona, empresa máis atractiva para traballar no sector distribución

Mercadona, recoñecida polos universitarios como a empresa máis atractiva para traballar no sector distribución

09 de maio de 2024
  • Na 7.ª edición de Merco Talento Universitario, Mercadona sitúase en quinta posición a nivel global.
  • Máis de 8.800 universitarios e estudantes de Formación Profesional avaliaron distintas variables relacionadas coa xestión de recursos humanos na clasificación realizada polo Monitor Español de Reputación Corporativa.

Mercadona é recoñecida como a empresa máis atractiva para traballar no sector da distribución en España, segundo os resultados da clasificación de Merco Talento Universitario, realizada polo Monitor Español de Reputación Corporativa. Así mesmo, a compañía sitúase na quinta posición na clasificación global.

Nesta 7.ª edición de Merco Talento Universitario analizáronse as valoracións de máis de 8.800 universitarios do penúltimo e último ano, estudantes de máster e títulos equivalentes, e doutorandos de distintas universidades do país e estudantes de Formación Profesional. Os mozos valoraron distintas variables relacionadas coa xestión de recursos humanos que son determinantes á hora de elixir un emprego, como a calidade laboral, a igualdade de oportunidades, a formación no posto de traballo, as condicións salariais e as posibilidades de promoción, entre outras.

Unha familia de + 100.000: contratos fixos e de calidade

Mercadona móstrase moi orgullosa dos resultados obtidos, que levan consigo o recoñecemento á súa familia de máis de 100.000 traballadoras e traballadores.

Consciente de que as traballadoras e os traballadores son o mellor activo dos clientes e esenciais para o crecemento empresarial, Mercadona avoga por un emprego estable e de calidade, con soldos por enriba da media do sector.

Así mesmo, a política de recursos humanos de Mercadona aposta pola formación, a proxección profesional e o impulso ao talento. En 2023, a compañía destinou 110 millóns de euros a consolidar e mellorar as habilidades e os coñecementos do seu cadro de persoal; e, 2.221 traballadoras e traballadores foron ascendidos a postos de maior responsabilidade.

Coñece as ofertas de emprego de Mercadona.