As caixas verdes reutilizables reducen a xeración de residuos

As caixas verdes para froita e verdura de Mercadona: un exemplo de Economía Circular

22 de abril de 2024
  • Estas caixas poden ser reutilizadas máis de 120 veces, son facilmente reparables e son 100 % reciclables; isto beneficia a toda a cadea de distribución.
  • Ao reutilizar estas caixas verdes, Mercadona evita o uso de máis de 200.000 toneladas ao ano de materiais, e elimina 107.072 traxectos de camións ao ano; isto reduce as emisións de CO2.

Mercadona, consciente da importancia de coidar o planeta, traballa para que todos os procesos sexan o máis sostibles e respectuosos posible. Un exemplo diso son as caixas verdes que utiliza para transportar e expoñer a froita e verdura en Mercadona. Estas caixas, desenvolvidas en colaboración con Logifruit, Proveedor Totaler de loxística durante máis de 25 anos de Mercadona, son un feito desta aposta por un modelo de negocio máis respectuoso co medio ambiente.

Caixas verdes de Mercadona: máis que envases

Estas caixas verdes son moito máis que envases. Son caixas reutilizables que permiten máis de 120 usos, pódense reparar e, ademais, son de plástico reciclable e teñen unha duración media de 5 anos. A transición de caixas ríxidas a caixas pregables foi un fito na estratexia de loxística sostible de Mercadona. Esta innovación, en colaboración con Logifruit, representa un modelo sólido de economía circular.

Con estas caixas, Mercadona contribúe a:

  • Unha xestión responsable dos recursos. Co uso destas caixas verdes evita o uso de máis de 200.000 toneladas de materias primas ao ano. 
  • Unha redución de emisións. O uso destas caixas verdes contribúe á redución de emisións de CO2 xa que evita a necesidade de realizar máis de 107.072 traxectos de camión ao ano.
  • Un transporte eficiente. Grazas ás caixas pregables, agora transpórtanse ata tres veces máis caixas por camión en comparación coas caixas ríxidas; isto reduciu significativamente a pegada de carbono de Mercadona.
  • Uns envases de longa duración. Tras cada uso, cada caixa pasa por un rigoroso proceso de limpeza e desinfección. Cando é necesario son reparadas, e ao final da súa vida útil son recicladas e convertidas en novas caixas.

Infografía do ciclo de vida que teñen as caixas verdes de MercadonaCiclo de vida das caixas verdes de Mercadona.

Compromiso continuo coa sostibilidade

Mercadona emprega estas caixas verdes reutilizables e reciclables dende hai máis de 25 anos. É unha mostra do compromiso coa economía circular.

Froito deste compromiso co coidado do ámbito, Mercadona destinou 57 millóns de euros a políticas e medidas de protección do medio ambiente no exercicio 2023. 

Coñece máis información sobre os nosos feitos e compromiso sostible.