Atún en conserva Hacendado de Mercadona

Mercadona prevé comprar 40.000 toneladas de lombos de atún claro para 2020, un 5 % máis que en 2019

05 de xuño de 2020
  • O 100 % do atún en conserva Hacendado procede de caladoiros xestionados de maneira responsable, grazas ao traballo constante e á colaboración do Provedor Totaler Escurís (Jealsa-Rianxeira) coa International Seafood Sustainability Foundation (ISSF), coalición que traballa pola sostibilidade das poboacións de túnidos.
  • A compañía comprou aproximadamente 38.000 toneladas de lombos de atún claro en 2019.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar máis de 40.000 toneladas de lombos de atún claro para 2020, aproximadamente un 5 % máis que en 2019, cando a compañía comprou aproximadamente 38.000 toneladas.

O 100 % do atún en conserva Hacendado, que abastece as máis de 1.600 tendas que a compañía ten situadas en España, procede de caladoiros xestionados de maneira responsable, grazas ao traballo constante e á colaboración do Provedor Totaler Escurís (Jealsa-Rianxeira) coa International Seafood Sustainability Foundation (ISSF). A ISSF é unha coalición de científicos, membros da industria do atún e do Fondo Mundial para a Natureza (WWF) que ten por obxectivo mellorar a sostibilidade dos stocks mundiais de atún coa aplicación de diversas prácticas de conservación, incluída a trazabilidade total do produto e a formación aos capitáns de barcos en boas prácticas de sostibilidade. Escurís (Jealsa-Rianxeira) é auditada anualmente para verificar o seu compromiso con todas as medidas de conservación que promove ISSF a través da auditoría MRAG.

Política de Pesca Sostible

Mercadona leva anos traballando conxuntamente cos seus provedores especialistas para garantirlles aos seus "Xefes" (clientes) a sostibilidade dos produtos de pesca. Para iso conta cunha Política de Compra de Produtos da Pesca cuxo obxectivo é conseguir mellorar a sostibilidade dos produtos procedentes da pesca extractiva e da acuicultura que ofrece aos seus clientes. Por medio desta política, froito do compromiso entre Mercadona e todos os seus provedores de pesca e acuicultura, trabállase conxuntamente co obxectivo de garantir o cumprimento legal, as medidas do ordenamento en vigor e a trazabilidade dende a orixe ata o punto de venda.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Ademais, a compañía apoia diversas iniciativas levadas a cabo polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no devandito sentido.

Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Atún Hacendado dispoñible no supermercado de MercadonaAtún Hacendado dispoñible no supermercado de Mercadona.

Atún claro en aceite de oliva Hacendado preparándose nas instalacións do Provedor Totaler EscurísAtún claro en aceite de oliva Hacendado preparándose nas instalacións do Provedor Totaler Escurís (Jealsa-Rianxeira).

Logo EActiVate