Representantes do Banco de Alimentos de Lugo xunto a Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Galicia

Mercadona doa ao Banco de Alimentos de Lugo 9.600 quilos de alimentos

04 de xuño de 2020
  • A compañía, ata o momento, doou ás distintas entidades e organizacións sociais da comunidade galega máis de 380 toneladas de produtos e alimentos.
  • A compañía reforza as doazóns de produtos de primeira necesidade a entidades sociais da provincia de Lugo durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19.
  • En 2019 a compañía doou un total de 706,6 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só en Galicia.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, fortaleceu o seu proceso de doazóns coas entidades sociais da provincia de Lugo coas que colabora habitualmente, e procede a aplicar novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas, como a subministración destas organizacións.

Durante o día de hoxe a compañía entregou ao Banco de Alimentos de Lugo 9.600 quilos de produtos de primeira necesidade, que se veñen sumar a outras doazóns realizadas a diferentes entidades da provincia como a Fundación Comedor San Froilán, á que entrega a diario produtos de primeira necesidade que no son aptos para a venda pero si para o seu consumo.

Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Galicia, destaca "o magnífico labor que desenvolven dende o Banco de Alimentos de Lugo onde non deixaron de traballar para axudar aos demais nestes tempos difíciles". “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Galicia, onde doou máis de 706 toneladas de alimentos en 2019. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Por outro lado, Amadora Núñez, presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, agradece a Mercadona “todas as axudas recibidas para poder seguir axudando". O Banco de Alimentos de Lugo atende máis de 2.100 familias, multiplicando por cinco as familias que auxiliaban antes da pandemia.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 260 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 5.800 toneladas de alimentos, cantidades que se foron incrementando dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Representantes do Banco de Alimentos de Lugo xunto a Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en GaliciaRepresentantes do Banco de Alimentos de Lugo xunto a Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Galicia.

Logo EActiVate