AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Servizo de zume de laranxa acabado de espremer de Mercadona.

Mercadona implanta un novo servizo de zume de laranxa acabado de espremer en todas as súas tendas

10 de abril de 2017
  • O novo servizo supuxo un investimento de máis de 20 millóns de euros en concepto de desenvolvemento e innovación e formación dos traballadores de Mercadona.
  • Permite vender máis de 150.000 quilos ao día dun tipo de laranxa que anteriormente tiña unha difícil saída ao mercado, quer polo seu aspecto quer polo seu menor calibre.

Mercadona implantou desde o pasado luns un novo servizo de zume de laranxa acabado de espremer en todas as súas tendas de España. Trátase dun novo espazo na sección da Froita e dos Vexetais de Mercadona dotado dunha innovadora máquina para o autoservizo de zume de laranxa acabado de espremer.

O novo servizo, que se foi instaurando progresivamente desde hai un ano, xa está dispoñible en todas as tendas após a grande acollida que tivo entre os clientes.

A máquina de zume desenvolveuse mediante un proceso de innovación conxunta entre Mercadona, o fornecedor especialista Zumex e os propios clientes, tendo en conta sempre as necesidades quer dos clientes quer das traballadoras e dos traballadores de Mercadona, necesidades que se foron adaptando paulatinamente ao proxecto. Por exemplo, a zona de carga de laranxas e o balde dos refugallos foron ampliados para reducir os traballos de reposición dos traballadores. Tamén inclúe un adaptador para a botella para que o cliente non a teña que suxeitar durante o suministro do zume.

Mª Pilar, traballadora de Mercadona, xunto ao novo servizo de zume de laranxa acabado de espremer de Mercadona.Mª Pilar, traballadora de Mercadona, xunto ao novo servizo de zume de laranxa acabado de espremer de Mercadona.

Para a súa implantación, Mercadona realizou un investimento de máis de 20 millóns de euros en concepto de obras e de reformas, I+D+i, e formación das traballadoras e dos traballadores de Mercadona. Do mesmo xeito, o desenvolvemento do novo proxecto xerou máis de 40 postos de traballo directos e indirectos e permite, en fase de campaña, incrementar a venda de laranxas de orixe nacional en 150.000 quilos ao día dun tipo de laranxa que polo seu aspecto, aínda que posúa gran calidade, tiña difícil saída ao mercado. A venda desta laranxa súmase ás compras de máis de 200.000 toneladas de laranxas españolas que Mercadona xa realiza para a súa venda en malla ou a granel. 

Botella do novo servizo de zume de laranxa acabado de espremerBotella do novo servizo de zume de laranxa acabado de espremer.

O servizo de zume de laranxa acabado de espremer é unha das múltiples novidades e melloras enmarcadas no Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona. A compañía prevé abrir con este novo modelo 30 novos supermercados e reformar 126 de toda España durante o ano 2017. 

Produtos españois en Mercadona

Mercadona realiza compras en España por valor de 16.055 millóns de euros ao ano e mantén acordos comerciais con 8.000 agricultores, 12.000 pescadores e 4.800 gandeiros do sector primario español dentro da Cadea Agroalimentaria Sustentable de Mercadona.

A compañía traballa ademais con 2.500 fornecedores comerciais e de servizos, aos que cómpre sumar tamén as 20.000 pemes locais e os produtores de materias primas. De feito, a súa implicación permite seguir a consolidar un proxecto que aposta pola produtividade, a calidade, a innovación, a orixe española dos produtos e que, ano após ano, xera valor e riqueza no noso país.