Varias naranjas en primer plano en la sección de fruta y verdura de una tienda Mercadona.

Laranxas de Mercadona: iníciase a campaña de laranxa nacional

27 de outubro de 2016
  • Mercadona ofrece até agosto de 2017 laranxas da Comunidade Valenciana, Andalucía, Murcia, Cataluña, Illas Baleares e Canarias.
  • Mercadona prevé mercar 220.000 toneladas a máis de 2.500 fornecedores locais na campaña 2016-2017, o cal supón un 22% máis respecto da campaña anterior.

Naranjas españolas en Mercadona Laranxas de Mercadona á venda na sección de Froita e Vexetais.

Como todos os anos por esta época, iníciase a tempada de laranxas españolas en Mercadona. A campaña da laranxa de orixe nacional comeza con laranxas da variedade Navelina, ás cales seguirán as laranxas das variedades Navel/Navelate, Lane-Late, Lane-Late Powell e Valencia-Late. As laranxas proceden da Comunidade Valenciana, Andalucía, Murcia, Catalunya, Illes Balears e Canarias.

laranxa española en Mercadona estará á venda na sección de Froita e Vexetais até agosto de 2017. Para ofrecer esta froita, Mercadona prevé mercar 220.000 toneladas de laranxas a máis de 2.500 fornecedores locais, supondo isto un incremento do 22% respecto da campaña de laranxa anterior.

Para alén diso, como mostra da aposta de Mercadona por esta froita de orixe nacional, Mercadona ten dispoñible nalgunhas tendas un novo servizo de zume de laranxa acabado de espremer que irá chegando progresivamente a todas as tendas nos próximos meses. Este novo servizo permitiu incrementar as compras de laranxa a agricultores locais en máis de 2.500 toneladas dunha laranxa máis “fea” e de menor calibre, mais de gran calidade que antes non se adaptaba á venda e agora ten unha grande aceptación para a elaboración de zume.

Mercadona transporta para os seus supermercados as laranxas no menor tempo posible grazas á súa eficiente rede loxística, o cal permite ofrecer laranxas coa máxima frescura. A primeira laranxa da campaña adoita ter un chisco de acidez e, á medida que avanza a campaña, a laranxa vai adquirindo unha maior dozura.

Esta froita é moi versátil xa que se pode consumir en zumes, sobremesas ou na preparación de marmeladas, doces e repostería. O alto contido de Vitamina C e antioxidantes naturais fan que a laranxa sexa unha excelente opción para evitar os arrefriados habituais desta época.

Como se venden as laranxas españolas en Mercadona?

  • Laranxas en malla de 3 Kg e 6 Kg.
  • Laranxas a granel.
  • Laranxas en servizo de zume acabado de espremer (só nalgunhas tendas e orixe nacional a partir de novembro).

Procedencia laranxas de Mercadona

Desde que se inicia a tempada da laranxa no mes de outubro, até que finaliza en agosto do seguinte ano, Mercadona ofrece en todos os seus supermercados laranxas de procedencia nacional. Isto é posible grazas aos acordos que os fornecedores de Mercadona manteñen con máis de 2.500 produtores locais de cítricos. Mercadona xa comprou máis de 180.000 toneladas de laranxas españolas na campaña anterior, cifra que representa o 90% do volume total de compras deste cítrico.

Estas accións intégranse dentro dos esforzos levados a cabo por Mercadona para desenvolver unha Cadea Agroalimentaria Sustentable. A través do contacto directo e único co sector primario español, Mercadona mantén acordos estables con 12.000 pescadores, 4.300 gandeiros e 7.500 agricultores de todo o territorio español. De feito, no pasado exercicio Mercadona investiu 15.393 millóns de euros en compras, o cal supón que máis do 85% dos produtos ofrecidos no seus establecimientos proceden de España.