centro de coinnovación Mercadona

Como é a innovación conxunta de Mercadona cos clientes

03 de outubro de 2016
  • A compañía conta con 12 Centros de Co-innovación onde se traballa xunto aos clientes para mellorar os produtos ou desenvolver novas solucións.
  • En 2015 realizáronse 5.500 sesións con clientes que achegaron as súas opinións e suxestións e lanzáronse 100 novos produtos xurdidos desta co-innovación.

No ano 2011 Mercadona puxo en andamento os Centros de Co-innovación coa finalidade de innovar e mellorar os seus produtos a partir das opinións e as necesidades dos seus "Xefes" (clientes). Desde entón aplícase nestes centros a denominada "Estratexia Mandil", que consiste en "pór o mandil" para coñecer como cociñan os clientes, se asean, limpan o fogar ou coidan as súas mascotas. Durante este proceso, un Monitor de Mercadona encárgase de escoitar e observar os clientes para captar as súas necesidades e trasladalas despois á empresa e aos interfornecedores fabricantes das marcas Hacendado, Deliplus, Compy, Bosque Verde, entre outras. Esta información destínase a mellorar produtos xa existentes ou a desenvolver novas solucións.

Os Centros de Co-innovación de Mercadona encóntranse repartidos por varios supermercados de toda España, existindo actualmente centros para innovar en complementos almorzos e merendas; petiscos; bebidas e refrescos; limpeza e mantemento do fogar; cociñar, conservas e pratos preparados; cafés, cacaos e infusións; bebé; mascotas e mantemento do fogar; sobremesas lácteas e xeados; perfumería; entre outros.

O Modelo de Co-innovación de Mercadona componse de tres estadios: 1º Captar na tenda e no Centro de Co-innovación a través da escoita, a observación e a interpretación das necesidades dos clientes; 2º Definir a solución e trasladar a información ao fornecedor fabricante; e 3º Transmitir a solución e implantala nas tendas.

Este modelo permitiu que no ano 2015 fosen levadas a cabo 5.500 sesións con clientes nos 12 Centros de Co-innovación de Mercadona, onde xurdiron 100 novos produtos.

Modelo de Co-innovación: Innovar co Proceso que segue o Modelo de Co-innovación de Mercadona. 

Innovar para sorprender o "Xefe"

En definitiva, desenvolveren produtos que acheguen unha experiencia de consumo impecable para “O Xefe” é o principal reto dos 125 interfornecedores de Mercadona e os monitores dos departamentos de Prescrición da compañía.

Para alén do traballo nos Centros de Co-innovación, os interfornecedores de Mercadona son líderes en innovación no sector segundo o estudo do Institut Cerdà xa que duplican a media de innovación do sector. Ademais, 8 de cada 10 produtos innovadores de Mercadona son un éxito no mercado. 

A innovación de Mercadona foi igualmente un caso de estudo en Portland (EEUU), onde no transcurso da celebración da prestixiosa Conferencia PICMET, en 2015, o profesor de Estratexia, Xestión de Innovación Tecnolóxica e Desenvolvemento de Novos Produtos da Universidad Politécnica de Valencia, José Albors, destacou que “Mercadona desenvolveu un sistema de co-innovación orixinal e moi eficiente, onde a Cultura da Calidade Total e a política de Recursos Humanos son a base do seu éxito”.

Modelo de innovación transversal de Mercadona

A innovación en Mercadona non só se desenvolve ao nivel do produto. Mercadona traballa en catro eixos de innovación: de procesos, tecnolóxica, de concepto e de produto. E en todos eles aposta de xeito sostido pola introdución de melloras que eliminen complexidade e procesos que non engadan valor na cadea de montaxe, co obxectivo de poder satisfacer as necesidades dos cinco compoñentes da compañía: o "Xefe", como Mercadona denomina os seus clientes, o Traballador, o Fornecedor, a Sociedade e o Capital.

Modelo Coinnovación MercadonaCentro de Co-innovación de Sobremesas Lácteas e Xeados.

Modelo Coinnovación MercadonaCentro de Co-innovación de Limpeza e Mantemento do Fogar.

Modelo Coinnovación MercadonaCentro de Co-innovación de Perfumería.

Modelo Coinnovación MercadonaCentro de Co-innovación de Mascotas e Mantemento do Fogar.