Mapa de doazóns de alimentos en 2022 de Mercadona

Mercadona doa 25.100 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2022, un 22 % máis que en 2021

26 de xaneiro de 2023
  • A compañía colabora con máis de 550 entidades sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades de España e Portugal.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou 25.100 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2022 a máis de 550 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas coas que colabora en España e Portugal. Esta cantidade significa un aumento do 22 % das achegas respecto ao 2021.

Vídeo en español

Así mesmo, os “Xefes” (clientes) tamén colaboraron en distintas iniciativas solidarias organizadas ao longo do pasado ano. Entre estas, destaca a participación deles na Gran Recollida de Alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), onde, grazas á solidariedade dos clientes e a un 10 % do total doado que Mercadona sumou a esta iniciativa solidaria, conseguiuse recadar máis de 3,5 millóns de euros que se transformarán ao longo de 2023 en máis de 2.300 toneladas de produtos de primeira necesidade para os usuarios dos distintos Bancos de Alimentos participantes.

Listaxe en español

Listado Entidades Sociales en Mercadona durante 2022

Descargar

 

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Así mesmo, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Mapa de doazóns de alimentos en 2022 de MercadonaMapa de doazóns de alimentos en 2022.