Recollida da alcachofa de Mercadona nos campos de Tudela.

Mercadona compra 1 millón de quilos de alcachofa en Tudela, un 42% máis que a campaña anterior

17 de maio de 2017
  • A alcachofa está á venda nos seus establecementos de Navarra, Euskadi, A Rioxa, Castela e León, Galicia, Asturias, Cantabria, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid e norte de Castela-A Mancha.
  • Ademais, aposta polo espárrago branco con IXP Navarra do que mercará 4.000 quilos, o que supón un incremento do 122% respecto da campaña anterior. 

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e os vexetais de proximidade, fixo que a cadea de supermercados comprase 1 millón de quilos de alcachofa en Tudela, durante esta campaña, que comezou en abril e rematará a comezos de xuño. Isto supón un incremento do 42% respecto das compras deste produto na mesma campaña de 2016.

Tal foi a calidade da colleita desta alcachofa que, ademais de nas tendas de Navarra, está á venda, actualmente, nos establecementos de Mercadona en Euskadi, A Rioxa, Castela e León, Galicia, Asturias, Cantabria, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid e norte de Castela-A Mancha.

Esta aposta de Mercadona pola froita e os vexetais de proximidade fai que ofreza nos seus supermercados outros produtos como o espárrago branco con IXP Navarra, do que a empresa comprará 4.000 quilos e que xa está á venda até primeiros de xuño (data de fin de campaña), nas súas tendas de Navarra, A Rioxa e Araba/Álava. Esta cantidade supón un incremento do 122%, respecto da campaña anterior.

Para alén da alcachofa e do espárrago, en 2016 adquiriu outros produtos frescos na Comunidade Foral como 4,2 millóns de quilos de cebola e máis de 400.000 quilos de pemento vermello e verde.

Todo iso reflicte a importancia que Mercadona lle outorga a traballar conxuntamente co sector primario, de maneira a avanzar cara a unha Cadea Agroalimentaria Sustentable. Por iso, mantén acordos estables con máis de 8.000 agricultores, 4.800 gandeiros e 12.000 pescadores.

Mercadona en Navarra

Mercadona mantén a súa aposta decidida por Navarra, onde xa conta con 10 tendas situadas: 2 en Pamplona (na Avda. Gipuzkoa e na Avda. San Jorge) e 1 en Ansoáin, Aranguren, Barañáin, Burlada, Valle de Egüés, Estella, Tafalla e a propia Tudela, de onde é orixinaria a alcachofa. Todas as tendas suman un cadro de persoal de 416 persoas, con emprego estable e de calidade.

Do mesmo xeito, ten relación comercial con 667 pemes desta comunidade e no 2016 realizou compras a fornecedores navarros por valor de 270 millóns de euros, un 25% máis que no ano anterior.

Dentro da súa responsabilidade social corporativa doou 227,9 toneladas de produtos de primeira necesidade grazas á súa colaboración coa Fundación Banco de Alimentos de Navarra, coa Fundación Ilundáin Haritz Berri, coas Hermanitas de los Pobres de Pamplona e co comedor solidario Paris 365.