Fachada do supermercado Mercadona en Peligros.

Mercadona é a empresa coa mellor reputación do sector e a segunda a nivel nacional no ranking MERCO 2017

11 de maio de 2017
  • Máis de 24.000 persoas voltan premiar, por sexto ano consecutivo, a reputación de Mercadona.
  • Cidadáns, consumidores, sindicatos, ONG, influentes e directivos, participan na avaliación.
  • O presidente de Mercadona, Juan Roig, repite por terceiro ano consecutivo como o líder coa mellor reputación en España coa 1ª posición no “Ranking Xeral de Líderes 2017”.

Mercadona consolídase como a 1ª empresa do sector da Distribución Xeneralista en España e a 2ª empresa coa mellor reputación en España no “Ranking Xeral de Empresas 2017” do Monitor Español de Reputación Corporativa (MERCO).

Por outro lado, Juan Roig, presidente da compañía, afianza a súa posición como líder coa mellor reputación en España, ao voltar situarse, por terceiro ano consecutivo, na 1ª posición do “Ranking Xeral de Líderes 2017” do mesmo monitor.

Os resultados obtéñense coas votacións de máis de 24.000 participantes de todas as áreas: asociacións de consumidores, directivos, representantes de ONG, catedráticos, cidadáns, sindicatos e xornalistas; entre outros.

A compañía, fiel ao seu modelo de Calidade Total, está moi orgullosa dos resultados, ao ser un recoñecemento da sociedade onde está presente. O modelo de xestión que emprega a compañía, basea todas as súas decisións en que se primeiro satisfaces o “Xefe” (como internamente denominamos o cliente), despois chegan as vendas; con elas, os beneficios; e a partir de aí, o crecemento compartido.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (MERCO)

MERCO é un dos principais monitores de Reputación Corporativa de España e Latinoamérica e este ano publica a súa 17ª edición. Esta organización non recibe subvención ou patrocinio nin público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes. Trátase dun monitor de rigorosa metodoloxía que está verificado pola auditora KPMG.

As principais áreas avaliadas foron a responsabilidade social e medioambiental das empresas, a calidade dos seus produtos e servizos, os resultados económico-financieiros, a reputación interna e o clima laboral; entre outros.

 

Imaxe cabeceira: Fachada do Novo Modelo de Tenda Eficiente do supermercado localizado na localidade de Peligros (Granada).