Cartel informativo Operación Quilo Canarias

Mercadona colabora cos Bancos de Alimentos de Canarias na Operación Quilo

28 de xuño de 2021
  • A cadea de supermercados participa dende todas as súas tendas na Operación Quilo organizada polos Bancos de Alimentos de Tenerife e Las Palmas durante a semana do 28 de xuño ao 3 de xullo.
  • Trátase dunha recollida virtual, polo que os clientes poderán colaborar cunha doazón monetaria no momento da compra.
  • Mercadona doou no que vai de ano a comedores sociais, Bancos de Alimentos e outras entidades sociais de Canarias máis de 370 toneladas de produtos de primeira necesidade.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, participa durante esta semana na Operación Quilo que organizan os Bancos de Alimentos de Tenerife e Las Palmas dende os 85 supermercados que ten nas illas. Trátase dunha recollida virtual, polo que os ‘xefes’ (clientes) poderán colaborar dende hoxe 28 de xuño ata o sábado 3 de xullo cunha doazón monetaria no momento da compra no lineal de caixas, como xa fixeron en novembro de 2020 na Gran Recollida.

Unha vez que finalice a Operación Quilo, Mercadona entregará todo o recadado aos Bancos de Alimentos en forma de tarxetas moedeiro para que poidan facelas chegar ás persoas que o necesitan.

Hernán Cerón, presidente do Banco de Alimentos de Tenerife (BANCOTEIDE), agradeceu a Mercadona “a súa colaboración dende todas as súas tendas da provincia, pois deles depende en parte o éxito do evento” e reiterou a súa gratitude por “anticipar a entrega de 15 toneladas de produtos básicos correspondentes ao convenio deste ano dados os problemas de desabastecemento que padecemos”.

Pola súa parte, Jorge Pérez, Director de Relacións Externas en Tenerife e Relacións Institucionais de Canarias, declarou: “É unha satisfacción colaborar co Banco de Alimentos tanto en Operacións Quilo e Grandes Recollidas como nas doazóns privadas de produtos de primeira necesidade que levamos a cabo de maneira constante. Agradecemos enormemente á entidade o seu traballo e dedicación altruísta, claves para a sociedade canaria”.

Doazón de alimentos Mercadona en Canarias

Mercadona mantén un compromiso social cos veciños e veciñas das zonas nas que ten presenza e actividade. No caso de Canarias, no que vai de ano a compañía de supermercados doou a comedores sociais, Bancos de Alimentos e outras entidades sociais de Canarias más de 370 toneladas de alimentos, o que equivale a preto de 6.200 carros da compra.

Concretamente na provincia de Santa Cruz de Tenerife a compañía colabora co Banco de Alimentos, a Cruz Vermella, Cáritas e con dez comedores sociais, nove na illa de Tenerife e un en La Palma.

Por outro lado, Mercadona realizou o pasado 3 de xuño a súa primeira Operación Saco en Canarias, onde se habilitaron puntos de recollida de alimentos para animais en 15 supermercados de Tenerife para distintas asociacións e protectoras da illa, entre as que se encontra a Asociación para a Defensa e Protección dos Animais de Canarias da illa de Tenerife (ADEPAC). A iniciativa tivo una grande acollida e conseguíronse recadar 30 toneladas de comida para animais.

Cartel en español:

Cartel informativo que se colocará nos supermercados para informar aos clientes da recollida virtual de alimentosCartel informativo que se colocará nos supermercados para informar aos clientes da recollida virtual de alimentos.