Cereixas de orixe España en Mercadona

Mercadona prevé comprar o dobre de cereixa de orixe española ata superar as 6.000 toneladas

30 de xuño de 2021
  • A cadea unicamente vende cereixa española e, na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, compra en Extremadura, Región de Murcia, Comunitat Valenciana, Catalunya e Aragón.
  • Os provedores Campo y Tierra e Agrupación Cooperativas Valle del Jerte, de Cáceres; Cherry Fresh, de Murcia; Molina y Azorín e Catafruit Villena, de Alacant; Cerima, de Tarragona; Frutas Espax e Frutaria, de Lleida; Interlázaro e SAT Vidrio de Zaragoza; e Summerfruit, de Huesca, abastecen toda a cadea.

A aposta de Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e verdura de proximidade, provoca que a compañía teña previsto comprar máis de 6.000 toneladas de cereixa de Orixe España nesta tempada, que vai de maio a agosto, o dobre que na campaña anterior.

A compañía unicamente adquire cereixa de orixe nacional e colabora cos provedores desta froita Campo y Tierra e Agrupación Cooperativas Valle del Jerte, de Cáceres; Cherry Fresh, de Murcia; Molina y Azorín e Catafruit Villena, de Alacant; Cerima, de Tarragona; Frutas Espax e Frutaria, de Lleida; Interlázaro e SAT Vidrio de Zaragoza; e Summerfruit, de Huesca.

Froitas e verduras de tempada

Mercadona apoia a iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación “Froitas e Verduras de tempada”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Cereixas de orixe España, no lineal de MercadonaCereixas de orixe España, no lineal de Mercadona.