Verán 2016
Chegan os Días de Sol coa Revista de La Perfumería de Mercadona
O verán xa está aquí e é hora de lucir e protexer a nosa pel o máximo posible. A calor, os raios solares e uns outfits máis lixeiros e desenfadados fan que nesta estación a nosa pel teña que estar máis coidada que nunca, por iso a súa protección gaña especial protagonismo neste novo número da Revista de La Perfumería de Mercadona.
Na nova edición da Revista de La Perfumería de Mercadona encontrarás todos os protectores solares, bronceadores e cremas reparadoras que precisas para lucir un corpo 10 e, ao mesmo tempo, protexer a túa pel en todo momento. Tamén che ofrecemos varias propostas para o teu cabelo durante os días e as noites de verán. Ademais, non perdas as nosas propostas de maquillaxe para os diferentes destinos das túas vacacións este verán.