Na Revista da Perfumería de Mercadona encontrarás todas as novidades, trucos e consellos de beleza para estares ao día das últimas tendencias. Non a perdas!
Información listaxe
Primavera 2018
Sentes o cambio? A nosa nova revista suxíreche os mellores tratamentos e produtos para sentires a primavera. Descubre a guía definitiva de maquillaxe con paletas de cor vivas, labiais metálicos, xeles florais, perfumes intensos e peles que irradian luz. Todo para brillares con luz propia nesta estación.
Xa sabes o que vas agasallar neste Nadal? A nova revista de La Perfumería suxíreche os mellores antollos de beleza para atinares. Descubre os trucos de maquillaxe para renovar o teu look, cores festivas para as túas unllas e todos os consellos para que nestes días, quer el quer ela, luzan unha imaxe impecable. Prepárate para o Nadal!
Queres saber como lucir radiante despois do verán? Contámoscho todo: xestos para unha pel radiante, como desmaquillarse, aceites de beleza... Alén diso, descubre o contouring e o cushion, as últimas tendencias de maquillaxe. E, por se fose pouco, repasamos a listaxe de imprescindibles para a volta á escola. Non perdas a nova Revista de Mercadona!
A nova edición da nosa revista de perfumería vén cargada de consellos sobre o coidado corporal que che permitirán gozar ao máximo do verán. Todo o que precisas saber para presumires dunha pel bronceada e ben coidada. Para alén diso, descubrímosche o efecto glossy para labios e unllas, presentámosche a nosa nova colección de maquillaxe Sweet Rebel e as mellores recomendacións sobre manicura e pedicura. Non fiques sen ela!
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web e coñecer a súa usabilidade. Se desexa información pode consultar a nosa Política de Cookies. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "Aceptar", rexeitar o seu uso pulsando "Rexeitar" ou personalizalas pulsando "Configurar".
Permítenlle ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos.
Cookies analíticas
non
si
Permiten cuantificar o número de usuarios para realizar a medición e análise estatística da páxina web.