O xel de afeitar pel sensible está especialmente formulado para facilitar o escorregado da coitela, favorecendo un afeitado suave e respectuoso coa pel. Contén Áloe Vera, que axuda a suavizar e a calmar a pel e Alantoína que actúa como axente anti-irritante.
Para unha aplicación ideal, humedece a pel con auga morna e realiza unha suave masaxe até producir escuma. Despois de afeitar, retira os restos con auga e listo para lucires unha pel perfecta.
3 doados trucos para un bo afeitado:
- Aproveita o momento da ducha: o vapor da auga, axuda a abrir os folículos do cabelo para que o afeitado sexa máis suave e menos agresivo.
- Aplica o xel de afeitar en pequenos círculos coa axuda dos dedos, déixao actuar para que penetre mellor na pel e actúe abrandando o pelo.
- Hidrata ben a pel despois do afeitado; para as peles sensibles o áloe vera é o ingrediente perfecto que calma e hidrata, ao tempo tempo que reduce a irritación.
Outras Recomendacións
Probaches Vido, a nova liña cosmética para o home xa dispoñible en Mercadona? Componse de sérum anti-idade, contorna de ollos roll-on e crema facial hidratante 24 horas. Próbaa!