Xampú e Acondicionador familiar aptos para todo tipo de cabelos.

Xampú e Acondicionador familiar: coidado e protección para todo tipo de cabelos

28 de febreiro de 2024

Coida a túa familia como merece co noso Xampú e Acondicionador en formato familiar. Queres un cabelo brillante, suave e fácil de peitear para todos? Esta combinación foi especialmente deseñada para satisfacer as necesidades de cada membro do teu fogar, dende os máis pequenos ata os adultos.

Esta liña garánteche unha limpeza profunda sen danar nin irritar o coiro cabeludo. Ademais, grazas ao seu tamaño e capacidade terás suficiente produto para toda a familia durante moito máis tempo, sen preocuparte por quedar sen xampú ou acondicionador cando máis falta che fai. Ambos os produtos preséntanse en formato familiar maxi tamaño de 1 litro.

Ademais, comparten un perfume intenso e xeran unha agradable sensación de coidado e protección. O seu control de dosificación é ideal para utilizar a cantidade recomendada que se necesita en cada lavado.

Que características ten o noso Xampú tamaño familiar?

Champú tamaño familiar Deliplus

Este xampú de protección e brillo foi formulado con extracto de froitas naturais (kiwi, laranxa, mazá...), ricas en vitaminas e antioxidantes. Grazas aos seus ingredientes naturais non dana o teu pelo e é apto para todo tipo de cabelos.

Modo de uso

Aplícao sobre cabelo húmido e masaxea ata producir escuma. Aclara con abundante auga.

Que che ofrece o noso Acondicionador suavizante tamaño familiar?

Acondicionador suavizante tamaño familiar Deliplus

Este acondicionador é o complemento adecuado para despois do uso do xampú, achégalle suavidade e brillo ao cabelo.

Formulado con queratina, facilita o desenredo e o peiteado, deixando o teu pelo suave e preservando a súa beleza natural. Está indicado para todo tipo de cabelos.

Modo de uso

Reparte a crema suavizante dos medios ata as puntas. Deixa actuar 1-2 minutos e enxauga con abundante auga.

Outras recomendacións

O mellor tratamento para o tu pelo rizado, que garante suavidade e definición, é a rutina capilar da nosa Liña Curl Perfect.

Coñeces a Liña Plex Repair para cabelos secos e quebradizos? Esta gama componse de xampú, máscara e sérum.

Coida os teus pés cos nosos produtos para hidratalos, exfolialos e refrescalos.