No verán é bastante habitual levar o pelo mollado, sobre todo neses días de praia ou piscina, ou neses momentos nos que non hai moito tempo para utilizar un secador ou poñerse a alisalo. Así que resulta bastante práctico coñecer que tipos de peiteados fáciles e rápidos podes facerlle ao teu pelo para lucir un atractivo look con pelo mollado.
Sigue o noso vídeo-titorial para peitear o teu pelo mollado como a ti che gusta.
Tres peiteados co pelo mollado
Moño con trenza lateral
1. Peitea a melena e marca a raia ao lado.
2. Separa un guecho grande do lateral con máis cabelo.
3. Fai unha trenza de dous cabos co resto do cabelo.
4. Forma coa trenza un moño.
5. Suxeita cunha goma.
6. Torce o guecho solto dende a raíz.
7. Enrólao arredor do moño e fixa con clips.
Trenza de raíz ladeada
1. Cepilla a melena e divídea en tres partes.
2. Comeza unha trenza de raíz no guecho central.
3. Suxéitaa cunha goma.
4. Torce os dous guechos soltos dende a raíz.
5. E forma unha trenza lateral coa trenza central.
6. Suxeita cunha goma.
Semirecollido romántico
1. Cepilla a melena, separa un guecho dende a raíz do centro da fronte e fixa cunha goma.
2. Abre pola metade o guecho de raíz.
3. Pasa polo seu interior a coleta e dálle a volta.
4. Cun guecho lateral forma unha trenza de dous cabos.
5. Lévaa ata a parte superior da cabeza e fixa cun clip.
6. Repetir a acción cun guecho do outro lado.
7. Forma unha trenza cos tres guechos.
8. Suxeita cunha goma.
Outras recomendacións
Sabes coo conseguir unhas cellas definidas en seis sinxelos pasos?