Novos Xeles Deliplus, coidado e protección na túa pel. Agora con nova fórmula e outras melloras de calidade.

Novos Xeles de baño Deliplus

28 de xuño de 2019

Descubre un mundo de sensacións cos novos Xeles de Baño Deliplus: tres liñas que se adaptan á túa pel. Agora cunha nova fórmula e melloras en canto a fragrancias, manexabilidade e deseño. Proba os nosos xeles de baño!

Dermo Protección

Gma geles de baño Dermo Protección de Deliplus

Suave e respectuosa coa pel, achegándolle unha sensación de hidratación e protección na hixiene diaria.

  • Xel de Baño Afroitado: Inclúe extractos de froitas cítricas do Mediterráneo, ricas en vitaminas.
  • Xel Dermo Áloe: Fórmula suave con glicerina, ácido láctico e áloe, indicada para pel e cabelo.
  • Xel de Baño Oliva: Con ingredientes como o extracto de leite vexetal de oliva que achegan benestar na túa hixiene diaria.
  • Xel de Baño Avea: Con extracto de avea e ingredientes que achegan sensación de hidratación, calma e benestar.

Dermo Coidado

Gama geles de baño Dermo Cuidado Deliplus.

Xeles para necesidades concretas. A liña Dermo Coidado dos xeles de baño Deliplus contén axentes activos específicos para o coidado das peles máis delicadas.

  • Xel Cremoso: Contén manteiga de Karité e aceite de Abisinia con propiedades nutritivas. Para peles secas ou moi secas.
  • Xel de Baño Argán: Con Vitamina E que coida a túa pel. Indicado para peles moi secas.
  • Xel de Urea: Para peles ásperas e deshidratadas que necesitan un plus no seu coidado.
  • Xel de Pel Atópica: Proporciona o máximo coidado ás peles máis delicadas.
  • Xel de Baño Natural: o 98% dos seus ingredientes son de orixe natural.
  • Xel Exfoliante Suave: Coida e renova a pel axudando a eliminar as células mortas grazas ás súas sementes naturais de Kiwi e Albaricoque.

Dermo Aroma

Gama geles de baño Dermo Aroma Deliplus.

Fragrancias intensas. Mima a túa pel proporcionándolle unha experiencia de benestar grazas ás súas intensas e variadas fragrancias.

  • Xel Frescor Azul: De notas aromáticas e frescas.
  • Xel Tenros Recordos: Unha fragrancia clásica que achegará frescura e benestar a toda a familia.
  • Xel Auga Mariña: A brisa do mar na túa pel.
  • Xet Leite & Mel: Co mel 100 % natural e extracto de leite de améndoas.
  • Xel Baño de Coco: Unha intensa fragrancia a froita de coco.
  • Xel Vainilla: Deliciosa fragrancia de vainilla.
  • Xel Passion Fruit: Con intensa fragrancia de froitas tropicais exóticas.
  • Xel Floral: Exquisita fragrancia dun buqué floral.

Novas melloras nos nosos Xeles de Baño

Melloramos estas liñas de xeles para satisfacer as necesidades dos nosos clientes:

  • Nova fórmula: agora incorporan unha nova fórmula, máis suave e respectuosa coa pel.
  • Mellora de imaxe e globalidade do deseño.
  • Nova botella ergonómica: grazas á súa curvatura é moito máis manexable.
  • Novo dosificador: para unha mellor dosificación adaptouse o orificio de saída á textura de cada xel.
  • Melloras nas fragrancias: melloramos a intensidade das fragrancias facéndoas moito máis duradeiras.
  • Testado dermatoloxicamente.

Outras Recomendacións

Descubre a ampla gama dos xabóns das mans Deliplus.