Nuevos Desodorantes Antitranspirantes Deliplus

Novos Desodorizantes Antitranspirantes Deliplus.

08 de xuño de 2017

Os novos Desodorizantes Antitranspirantes Deliplus protéxente até 48 horas con agradables e duradeiras fragrancias que respectan a suavidade e o coidado da túa pel. Ademais non conteñen alcol.

Sabías que cada persoa precisa dun tipo de protección específica? Descubre cal é a túa coa nova Liña de Desodorizantes Antitranspirantes Deliplus.

Podes escoller entre as súas diferentes liñas:

Coidado:

  • Seda: Desodorizantes Antitranspirantes Deliplus con extracto de seda, especialmente indicados para aquelas mulleres que quixeren suavidade na pel sen perderen protección.
  • Áloe: Indicado para os homes e mulleres que procuraren hidratación e coidado na pel. Os Desodorizantes Antitranspirantes Deliplus están enriquecidos con extracto de Áloe Vera. E ademais, telos dispoñibles en versión mini. Perfecto para o levares a todas partes!
  • Avea: Os Desodorizantes Antitranspirantes Deliplus desta liña están formulados con extracto de Avea e protexen a pel, quer delas quer deles, con delicadeza e sen renunciaren ás súas 48 horas de protección.

Protección Plus:

  • Liña de Desodorizantes Antitranspirantes Deliplus especialmente indicada para aquelas persoas que precisaren dunha protección extra no seu día a día. Por iso formulamos estes desodorizantes con ingredientes naturais como a Arxila Branca e o Caolín que axudan a potenciar a protección fronte á suor. A Arxila Branca e o Caolín son minerais naturais que conteñen propiedades para absorberen a humidade e o exceso de aceite na pel. Para alén de te protexeren durante máis de 48 horas.
  • Dispoñemos dunha liña específica para mulleres e doutra para homes con fragrancias adaptadas para cada un.

Perfume Intenso:

  • Con todas as vantaxes dos nosos novos Desodorizantes Antitranspirantes Deliplus e cunha intensa e agradable fragrancia feminina que envolverá a túa pel achegándolle suavidade e protección.

Liña Invisible:

  • Evita as manchas sobre a pel e a roupa grazas ao uso de activos que diminúen os refugallos visibles, mantendo a súa eficacia durante 48 horas. Co fin de o adaptarmos ás necesidades de cada un, dispoñemos da Liña Invisible home e da Liña Invisible Muller.

Todas as liñas están dispoñibles en roll-on e spray para escolleres o que máis che gustar.

Como os uso?

  • Sempre aplicar sobre a pel limpa e seca.
  • Deixar secar antes de se vestir.
  • Roll-on: para obter unha cobertura uniforme, aplicar sobre a axila 3 veces de arriba cara a abaixo.
  • Spray: primeiro inverter o bote, axitar enerxicamente, pulverizar a 15 cm da pel durante 2-3 segundos e deixar secar.
  • Desodorizantes Antitranspirantes Deliplus, protección no teu día a día.

Outras Recomendacións

Se non hidratares a pel pola mañá por falta de tempo ou deixas de o facer despois de te duchares pola noite, agora podes facelo todo máis axiña hidratándote sen teres que agardar a que se absorba a crema, grazas á nova Hidratante corporal baixo a ducha de Mercadona.