Agua perfumada Hippos para niños y bebés

Auga perfumada Hippos para os máis cativos da casa

14 de xuño de 2017

A Auga Perfumada Hippos é ideal para perfumar quer os bebés quer os nenos.

Nos primeiros compases da vida é fundamental coidar de todos os aspectos que rodean o seu mundo sensorial. En concreto, o recendo e o sentido do olfacto teñen unha importancia especial.

Xa desde acabados de nacer, os bebés comezan a desenvolver a súa memoria olfactiva, imprescindible para crearen un vínculo agradable coa súa contorna.

Auga Perfumada Hippos, delicado recendo con notas florais para o teu bebé

O delicado recendo con notas florais da auga perfumada Hippos é perfecta para que o bebé estableza eses reconfortantes lazos olfactivos e sensoriais co ambiente que o rodea.

A súa fórmula de uso cotián está testada baixo control dermatolóxico e pediátrico. É axeitada para bebés e para cativos até os 12 anos de idade.

Preséntase nun envase transparente de 100 ml. e ten unha vida útil de 36 meses (12 meses unha vez aberto). Cómpre conservala nun lugar fresco e seco.

Modo de emprego da Auga Perfumada Hippos

Chega con vaporizares un pouco da Auga Perfumada Hippos sobre a roupa do teu bebé ou neno antes de saírdes de paseo.

Advertencia: Non é aconsellable utilizar sobre unha pel irritada polo seu contido en alcol. Recoméndase a súa aplicación sobre a roupiña do bebé e evitar o contacto cos ollos.

Con este artigo Mercadona reforza o seu compromiso cos produtos de orixe española, xa que a Auga Perfumada Hippos está fabricada pola empresa alacantina Hippos Baby Care, S.L. dentro da súa liña cosmética-pediátrica.

Coa Auga Perfumada Hippos o teu bebé terá sempre unha completa sensación de frescura e benestar. O seu recendo con notas florais transportaravos a un mundo sensorial máxico!

Outras recomendacións

En Mercadona xa podes encontrar un novo snack para toda a familia. Cereais, mel, iogur pasteurizado despois da fermentación, e listo para tomares! Velaí a orixinal fórmula do novo Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado.