- Ideal para os nenos a partir de 8 meses e para os adultos de todas as idades, para tomares en calquera momento e lugar
En Mercadona xa podes encontrar un novo petisco para toda a familia. Cereais, mel, iogur pasteurizado despois da fermentación, e listo para tomar! Velaí a orixinal fórmula do novo Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado.
Esta sobremesa de iogur é perfecta para tomares en calquera momento e en calquera lugar, de xeito moi cómodo grazas ao seu formato de peto. Ademais posúe toda a cremosidade dun iogur grego e o 70% menos de graxa. Para alén de non conter glute.
A sobremesa de iogur perfecta para calquera idade
O novo Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado é unha deliciosa sobremesa de iogur que, polas súas características nutricionais, é perfecto para os nenos a partir dos 8 meses de idade, así como para os adultos de todas as idades.
Esta sobremesa mantén toda a naturalidade posible no seu proceso de elaboración, ao non seren utilizados conservantes, colorantes nin azucres engadidos e, ademais, tamén é apto para os celíacos porque non contén glute.
Este novo Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado é tamén unha nova demostración da aposta de Mercadona polos produtos españois, xa que está elaborado en España, pola empresa española Alnut, que ten a súa sede na localidade de Carlet (Valencia).
Escolle o teu Go-Lácteo Hacendado preferido
Agora xa podes escoller entre até 4 variedades diferentes de Go Lácteo Hacendado, dispoñibles en Mercadona. Cada variedade está dispoñible en packs de 4 unidades de 90 gramos cada unha. Lévao contigo para o gozares cando quixeres!
- Cereais e Mel (consumo en nenos a partir dos 8 meses)
- Amorodo e plátano (consumo en nenos a partir dos 8 meses)
- Natural (consumo en nenos a partir dos 6 meses)
- Pera (consumo en nenos a partir dos 6 meses)
Como tomar o teu Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado
Podes gozar do novo Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado cando quixeres e onde desexares. Grazas ao seu formato de peto podes telo listo para o tomares en calquera momento e lugar.
O novo Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado pódese gozar de xeito completamente natural sen perder nin un ápice de sabor xa que non precisa frío.
Aproveita o seu cómodo envase e tómao á temperatura que máis che gustar. O novo Go-Lácteo de Cereais e Mel Hacendado é perfecto para gozares na oficina, levárelo de viaxe ou tomárelo na escola. Goza da túa nova sobremesa de iogur preferida!
Outras recomendacións
Tamén che recomendamos, para os nenos a partir dun ano, o Preparado Lácteo Crecemento a partir de 1 ano Hacendado. Con cacao e cereais, está enriquecido con 13 vitaminas, calcio, ferro, zinc e ácidos graxos Omega3.
Se procurares toalliñas, recomendámosche as toalliñas frescas e perfumadas de Deliplus de 240 unidades.