Descubre a nosa liña de biberóns, mamadeiras e chupetes para o teu bebé.

Máxima comodidade e seguridade coa nosa gama de Biberóns e chupetes

19 de septembro de 2023

Coida o teu bebé coa nosa liña de Biberóns e chupetes, produtos seleccionados para garantirlle confort e seguridade.

Dende biberóns e mamadeiras que se adaptan ás súas necesidades e ao tipo de alimento ata chupetes de silicona suave en variados talles e deseños encantadores.

Explora a nosa selección, especialmente deseñada para acompañar ao teu pequeno ou á túa pequena no seu crecemento e darlle a mellor atención nesta etapa fundamental da súa vida.

Biberóns e mamadeiras para o teu bebé, a experiencia máis cómoda de alimentación

Máxima comodidad y seguridad con nuestra gama de Biberones y chupetes.

Biberóns

  • Descubre os nosos novos deseños, moi atractivos e fáciles de manexar.
  • Dispoñibles en dous tamaños:
    • Biberón 150 ml, con mamadeira fluxo lento (1)
    • Biberón 360 ml, con mamadeira 3 posicións (1, 2 e 3)
  • Con mamadeiras de silicona de fluxo lento ou de tres posicións segundo o tamaño.

Mamadeiras

  • Fabricadas con silicona da mellor calidade.
  • Equipadas con válvula anticólicos (válvula que prevén a formación do baleiro, o que impide que o bebé trague aire ao succionar e axuda a diminuír os cólicos).
  • Saídas:
    • Saída mínima (1): especial primeiras tomas.
    • Saída media (2): para o leite, zumes e papas moi líquidas.
    • Saída máxima (3): para papas e outros alimentos consistentes e para nenos moi comedores.

Modo de uso

Coloca xusto debaixo do nariz do bebé o sinal da mamadeira e xira o biberón segundo desexes máis ou menos saída de líquido ou segundo o tipo de alimento.

Limpeza de biberóns e mamadeiras nun abrir e pechar de ollos

Máxima comodidad y seguridad con nuestra gama de Biberones y chupetes.

Cepillo limpabiberón e mamadeira

Facilita a limpeza dos biberóns e das mamadeiras grazas aos seus dous cepillos:

  • Cepillo grande para os biberóns.
  • Cepillo pequeno para as mamadeiras (no interior do mango).

Limpador para biberóns

  • Elimina eficazmente os restos de leite, zumes e papas en biberóns.
  • Formulado cunha encima que desfai a proteína do leite para que os biberóns queden impolutos sen esa graxa que deixa o leite.
  • Elimina residuos e olores de todos os accesorios de alimentación de bebé que lavemos con el (biberóns, mamadeiras, chupetes...).

Modo de uso

Sobre biberóns, aplica unha pequena cantidade de limpador dentro do biberón e cepilla coidadosamente cun cepillo limpabiberóns. Baleira e aclara con auga tibia e limpa.

Chupetes de silicona, suavidade e seguridade 100 % para o teu bebé

Máxima comodidad y seguridad con nuestra gama de Biberones y chupetes.

  • Chupetes de silicona suave que non se deforma co uso.
  • Reversible: mamadeira plana que exerce a mínima presión para favorecer a formación do padal.
  • Disco simétrico que permite colocar o chupete en calquera posición.
  • Anel móbil.
  • Orificios de ventilación que permiten a circulación do aire e evitan o estancamento da saliva.
  • Varios deseños dispoñibles en cada talle.
  • 3 tamaños segundo a idade do bebé:
    • 0-6 meses.
    • 6-18 meses.
    • + 18 meses.

Outras recomendacións

Xa coñeces os nosos Cueiros infantís? Descubre a nosa ampla variedade e escolle o talle máis indicado para o teu bebé.

Traxes de baño desbotables, a opción máis cómoda para o verán.

O noso Deterxente hipoalerxénico perfumado é perfecto para a roupa de bebé, próbao!