Á túa disposición, máscaras infantís non reutilizables, indicadas para público de 6 a 9 anos.

Máscaras hixiénicas infantís Deliplus

08 de xullo de 2020

Poñemos á túa disposición e á de toda a túa familia máscaras infantís, que lles permiten aos nenos e nenas complementar os xestos de barreira e as regras de distanciamento social.

Características das nosas máscaras infantís

Estas máscaras hixiénicas están dirixidas a nenos nun rango de idade de 6 a 9 anos, xa que contan cunhas medidas específicas para este público infantil. Tamén poden utilizalas persoas que teñan o óvalo facial máis pequeno e ás que as máscaras para adultos lles queden excesivamente grandes.

Polo demais, as nosas máscaras infantís presentan as seguintes características:

  • Non reutilizables
  • Teñen 4 horas de durabilidade
  • Fabricadas con polipropileno tecido nas súas capas externas e material filtrante na capa interior (polipropileno soprado)
  • Capa externa: verde
  • Deseñada con 3 capas
  • Vida útil: 2 anos
  • Cumpren coa normativa Especificación UNE 0064-2:2020
  • Véndense en paquetes de 10 unidades

Recomendacións de uso

  • Antes de colocar ou retirar a máscara, lava previamente as mans con auga e xabón ou solución hidroalcohólica.
  • Coloca a máscara e axusta a pinza no nariz cubrindo o queixo e sen tocala.
  • No uses a máscara máis de 4 horas.
  • No a toques coas mans durante o seu uso.
  • Substitúea por outra en caso de que se humedeza ou deteriore.
  • Para retirala, hai que facelo sempre sen tocar a parte frontal e desbotala nun contedor provisto dunha bolsa de plástico.
  • Todas estas accións deben ser supervisadas por un adulto.

Outras recomendacións

Utiliza as máscaras hixiénicas non reutilizables Deliplus para adultos.