Descubre as nosas Perlas de Sol para conseguir un bronceado bonito.

Perlas de Sol, para preparar un bronceado perfecto

20 de abril de 2022

Cando chega o bo tempo, seguro que che apetece tomar o sol, aproveitar os seus beneficios e conseguir o mellor bronceado. Pero debes ser consciente de que antes necesitas preparar a túa pel. Coñeces as nosas Perlas de Sol?

Este nutricosmético é a mellor opción para preparar a túa pel de cara ao verán e conseguir ese moreno que tanto che gusta. A continuación, explicámosche todos os seus beneficios e como utilizar as nosas Perlas de Sol.

Características das Perlas de Sol

  • As Perlas de Sol son un complemento alimenticio con Beta-Caroteno, luteína e cobre.
  • Preparan a túa pel para a acción do sol e axúdanche a conseguir un bronceado intenso.
  • Estimulan a melanina, o pigmento natural que protexe a pel contra os efectos dos raios ultravioleta da luz solar e é responsable do seu bronceado.

Imagen perlas de sol

Ingredientes e beneficios

As Perlas de Sol conteñen unha serie de ingredientes moi beneficiosos para a túa pel:

  • Luteína: protexe a nosa vista e axuda a previr o envellecemento celular.
  • Omega 3: ácido graxo que protexe fronte á radiación UV (non substitúe ás cremas de protección solar).
  • Beta-Caroteno: pro-vitamina A que estimula a creación de melanocitos.
  • Cobre: para unha pigmentación máis unificada e homoxénea.
  • Vitamina C: fomenta á formación de coláxeno.
  • Vitamina E: prevén o envellecemento celular.

Modo de uso

  • Recomendamos a inxestión duna cápsula ao día, preferiblemente pola mañá.
  • Recomendamos comezar a tomalas un mes antes da exposición solar, durante esta e ata un mes despois.
  • Os complementos alimenticios non deben utilizarse como substitutos dunha dieta equilibrada.
  • Non se debe superar a dose diaria expresamente recomendada.
  • Advertencia: no debe ser consumido por nenos.
  • Un consumo excesivo pode producir efectos laxantes.
  • Manter fóra do alcance dos nenos máis pequenos.
  • Almacenar ben cerrado en lugar fresco e seco.

Outras recomendacións

Ademais de tomar este complemento alimenticio, cando chegue o momento sigue os nosos Consellos baixo o sol.