A Liña Hidrata Deliplus está formulada cunha alta concentración de ácido hialurónico.

Liña Hidrata Deliplus

23 de agosto de 2023

Liña de coidado hidratante formulada cunha alta concentración de ácido hialurónico. A súa función principal é proporcionar hidratación, suavidade e mellorar visiblemente o aspecto da pel. A liña Hidrata de Deliplus está composta polo Sérum facial con Ácido Hialurónico e Ceramidas, o Xel facial con Ácido Hialurónico, a Crema facial Textura Rica 24h e as Ampolas faciais concentradas con Ácido Hialurónico.

Sérum facial Ácido Hialurónico e Ceramidas

Sérum facial Ácido Hialurónico y Ceramidas Deliplus

Que é?

Sérum hidratante con efecto antienvellecemento que mellora a textura da pel achegándolle suavidade.

Para quen é?

  • Apto para todo tipo de peles.

Beneficios

  • Achega hidratación profunda.
  • Estimula a síntese de coláxeno diminuíndo as engurras e liñas de expresión, e prevén os signos de envellecemento.

Que contén?

  • Combinación de ácido hialurónico de distintos pesos moleculares.
  • Concentrado de ceramidas, ácidos graxos e retinoides que favorecen unha hidratación profunda, mellorando o aspecto da pel.
  • Ácido hialurónico. Achega un efecto de recheo superficial que fai que a pel se volva máis lisa, turxescente e hidratada. Actúa contra o envellecemento volvendo a pel máis flexible e elástica.
  • Concentrado de ceramidas. Protexe a pel dos cambios bruscos de temperatura e dos axentes externos. Preveñen a sequidade e calman a irritación.
  • Ácidos graxos. Favorecen a hidratación profunda e palían a pel reseca, escamada, tirante, con eccemas e incluso con acne. Ademais, evita o envellecemento prematuro.

Como aplicalo?

Aplícao polo día e pola noite sobre o rostro limpo antes da crema habitual mediante unha suave masaxe ata a súa completa absorción.

Xel facial con Ácido Hialurónico

Gel facial con Ácido Hialurónico Deliplus

Que é?

Crema con efecto xel extrahidratante que deixa a pel hidratada e flexible. Ademais, impide a perda de auga, mellorando a elasticidade e luminosidade natural.

Para quen é?

  • Apto para pel normal e graxa. Non é aconsellable para peles secas.

Beneficios

  • Achega hidratación profunda.
  • Mellora a elasticidade.
  • Estimula a síntese de coláxeno.
  • Protexe a pel contra os factores ambientais.

Que contén?

  • Ácido hialurónico de alto peso molecular. Achega un efecto de recheo superficial que fai que a pel se volva máis lisa, turxescente e hidratada.
  • Xilitol. Ten efecto humectante, hidratante e mantén o equilibrio da presenza ou ausencia de microorganismos na pel.
  • Glicerina. Promove a retención de humidade e aumenta a hidratación da pel. Ademais, ten efecto calmante.

Como aplicalo?

Aplícao polo día e pola noite sobre o rostro limpo.

Crema facial Textura Rica 24h

Crema facial Textura Rica 24h Deliplus

Que é?

Crema facial de textura rica que proporciona unha hidratación inmediata e duradeira de ata 24h e mellora visiblemente o seu aspecto, achegando firmeza e elasticidade.

Para quen é?

  • Apta para todo tipo de peles.

Beneficios

  • Achega hidratación profunda.
  • Mellora o seu aspecto: máis firme e elástica.

Que contén?

  • Hialuronato sódico especial, formado por unha distribución de distintos pesos moleculares similar á que se encontra de maneira natural na nosa pel.
  • Extracto de raíz de Imperata Cylidrica, axente hidratante de efecto prolongado.
  • Áloe de orixe ecolóxica para reforzar o efecto da hidratación.
  • Ácido hialurónico de nova xeración. Altamente concentrado e reticulado que se utiliza non só para tratar engurras senón para a creación de volume e para hidratar a pel.

Como aplicala?

Aplícaa polo día e pola noite sobre a cara, o pescozo e o escote, realizando unha suave masaxe ata a súa total absorción.

Ampolas faciais concentradas con Ácido Hialurónico

Ampollas faciales concentradas con Ácido Hialurónico Deliplus

Que é?

Booster concentrado de tratamento hidratante intensivo que consegue efecto fresco, radiante e descansado para a pel.

Para quen é?

Aptas para todo tipo de peles.

Beneficios

  • Achega hidratación profunda.
  • Atenúa engurras mediante o seu uso regular

Que contén?

  • Ácido hialurónico e PhytoCellTec. Hidrata as capas superiores da pel, atrapa a humidade e achega unha aparencia tersa e lisa á pel.
  • Malus domestica. Principio activo baseado nas células nai de mazá que atenúa as engurras mediante o seu uso regular.
  • Áloe. Proporciona boa hidratación e actúa como calmante.
  • Pantenol. Fomenta o proceso de rexeneración da pel e axuda a suavizar e mellorar a aparencia.

Como aplicalas?

Poden aplicarse de maneira continua sen necesidade de períodos de descanso. Aplícaas pola mañá e pola noite sobre o rostro limpo e seco antes da crema hidratante. Masaxea ata a súa total absorción.

Outras recomendacións

Se necesitas un tratamento antioxidante para rexenerar a pel, reducir manchas e achegar luminosidade proba a Liña Antiox.

Ou se, ao contrario, a túa pel é mixta ou graxa e necesitas regular o exceso de sebo, temos á túa disposición a Liña Equilibro.

Se tes unha pel graxa e/ou con tendencia á acne proba a Liña Oil Free.