Utilizas as nosas Toalliñas infantís? Grazas á súa suave fórmula e esmerada fabricación, coidar o teu bebé e a súa delicada pel nunca foi tan sinxelo. Son as túas aliadas imprescindibles para mantelo fresco e limpo.
Estas toalliñas son ideais para usar en calquera momento e lugar. Ben sexa durante o cambio de cueiro, despois de comer ou simplemente para refrescar a cariña do teu bebé, sempre renden ao máximo e garanten unha limpeza rápida e adecuada. Ademais, son aptas para todo tipo de peles.
Sen dúbida, este é un dos produtos máis prácticos e cómodos que existen. Fai que eses momentos de coidado e limpeza sexan especiais para ti e o teu bebé coas nosas Toalliñas infantís.
E o mellor de todo é que che ofrecemos unha gran variedade para que elixas a que mellor se adapta ás túas necesidades.
Descubre a nosa selección de Toalliñas infantís húmidas aptas para todo tipo de peles
Toalliñas frescas e perfumadas
- Hidratan, refrescan e suavizan a pel do teu bebé
- Deixan un agradable perfume limpo e fresco.
- Están dermatolóxica e pediatricamente testadas.
- Teñen un PH neutro para a pel.
- No son desbotables polo WC.
Preséntanse en 3 formatos diferentes:
- Paquete indivisible de 3 paquetes (80 unidades cada un).
- Paquete de 80 unidades.
- Paquete de 24 unidades.
Toalliñas Aqua: en breve
- Fabricadas con tecido de fibras de orixe natural e biodegradables.
- Compostas por un 99 % de auga, sen perfume e sen aceites.
- Desprázanse con gran suavidade e delicadeza.
- Testadas dermatolóxica e pediatricamente.
- Non son desbotables polo WC.
Toalliñas cremosas
- Hidratan e suavizan a pel do teu bebé.
- Deixan un agradable perfume cremoso e aveludado.
- Testadas dermatolóxica e pediatricamente.
- Non son desbotables polo WC.
Toalliñas para peles con tendencia atópica
- Están especialmente indicadas para peles con tendencia atópica.
- Axudan a manter a hidratación e aliviar o proído. Con áloe e axentes hidratantes, camomila e caléndula.
- Formuladas con probiótico que mellora e reforza a resistencia da pel fronte ao estrés externo.
- Tecido extrasuave que minimiza as molestias de fricción.
- Testadas dermatolóxica e pediatricamente.
- Teñen un PH neutro para a pel.
- Sen perfume.
Toalliñas Cara e mans
Estas toalliñas son perfectas para toda a familia. Moi fáciles de transportar polo seu cómodo formato de 20 unidades. Garanten unha limpeza rápida e eficaz para o coidado da pel.
Outras recomendacións
Consulta todo o que necesitas para o coidado cotián do teu bebé: cueiros, pomadas, biberóns, etc.
Coñeces o noso deterxente hipoalerxénico con perfume?
Escolle o protector solar máis axeitado para o teu pequeno ou a túa pequena.