Descubre a Liña facial Regen Skin, que hidrata, rexenera e dá firmeza e elasticidade á pel do teu rostro.

Liña facial Regen Skin, hidratante e rexeneradora

21 de febreiro de 2022

Coñeces os beneficios da nosa Liña facial Regen Skin? Se necesitas coidar a túa pel, hidratala, rexenerala, darlle firmeza e luminosidade, proba esta liña facial que che ofrece todo o que a pel do teu rostro necesita.

Tripla acción da Liña facial Regen Skin

  • Potente acción antiidade, para frear o envellecemento da pel.
  • Protección fronte aos factores externos, diferenciando entre as agresións na pel de día ou de noite.
  • Confort e hidratación para peles con estas necesidades.

Para que peles está pensada esta liña?

Peles que tenden a perder auga, que están máis secas e perderon elasticidade. Polo tanto, é importante reforzar a función barreira e manter a hidratación da pel.

Nestas peles as engurras están máis pronunciadas, hai unha perda de firmeza no óvalo facial, a pel afínase e adquire un ton apagado e irregular e maior sequidade.

Estes cambios naturais da pel poden verse agravados pola exposición ao sol ou á contaminación

Que produtos compoñen a Liña facial Regen Skin?

Sérum Retinol

Imagen Texto 1 Regen Skin

Tratamento intensivo potenciador rexenerador cutáneo. Combina os potentes efectos dun tratamento cosmético profesional e un sérum, revertendo os signos da idade grazas aos seus múltiples beneficios activadores da rexeneración da pel.

Beneficios

  • Mellora a textura e o aspecto de engurras profundas, de expresión, poros e imperfeccións
  • Incrementa a firmeza
  • Hidratación
  • Achega elasticidade
  • Unifica e mellora o ton.

Principios activos

  • Retinol encapsulado: libera o activo lentamente, aumentando a súa acción e tolerancia na pel.
  • Bacuchiol: activo de orixe vexetal, reverte os signos do envellecemento, mellora textura e aparencia, axuda a mellorar o seu ton e o brillo da pel.
  • Retynil Palmitate: antiengurras, antimanchas, achega elasticidade, prevén o dano fototóxico e unifica o ton.
  • Factor de crecemento EGF: acelera a produción de coláxeno e elastina, reduce a rugosidade e as engurras.

Modo de emprego

  • Aplica 3 o 4 gotas sobre o rostro limpo e seco antes da crema pola noite.
  • Evita o contorno dos ollos.
  • Utiliza con moderación ao inicio e aumenta cos días.
  • Se observas irritación, suspéndeo.
  • Non combines con tratamentos de ácidos, de acne, Vitamina C…

Frecuencia de uso

  • Débese empezar en días alternos pola noite. Pódese usar como tratamento único ou antes da crema habitual de noite.

Deixa sensación graxa?

  • É un produto lixeiro que permite aplicar unha crema a continuación se se desexa.
  • Non recomendable para peles sensibles.

Crema facial DÍA

Imagen Texto 2 Regen Skin

Beneficios

  • Potencia a luminosidade
  • Combate os radicais libres retrasando o envellecemento
  • Suaviza a pel
  • Restablece a hidratación

Principios activos

  • Factor de crecemento EGF: activador celular natural que acelera a produción de coláxeno e elastina, axudando a reducir a rugosidade e as engurras na pel.
  • Carnosina: protexe fronte ao dano na pel da radiación IR e a visible.
  • Vitamina C: achega luminosidade e unifica o ton.
  • Vitamina E: acción antioxidante.
  • Algodón de Arabia: protexe, repara, hidrata, achega elasticidade e reduce as engurras.
  • Manteiga de Karité: flexibilidade, elasticidade e nutrición.
  • Alantoína: achega hidratación á pel.
  • Filtros FPS20: con Carnosina que protexe fronte á radiación IR e á luz azul.

Modo de emprego

  • Aplica pola mañá sobre a pel limpa, mediante unha lixeira masaxe no rostro, pescozo e escote. Evita o contacto directo cos ollos.

Frecuencia de uso

  • A diario, polas mañás.

Deixa sensación graxa?

  • É unha crema untuosa que se absorbe despois dunha masaxe prolongada. A pel queda suave, sedosa e con sensación de nutrición.

Para todo tipo de peles

Recambio para a crema facial DÍA

  • Recambio para a crema, que ademais contén a súa propia tapa para poder transportalo comodamente sen necesidade de tarro. Véndense por separado

Crema facial NOITE

Imagen Texto 3 Regen Skin

Beneficios

  • Acción antiidade
  • Actúa durante o ciclo do sono, cando a pel está máis receptiva, axudando a frear os signos da idade
  • Confort inmediato

Principios activos

  • Bacuchiol: de orixe vexetal, reverte os síntomas do envellecemento, mellora a textura, aparencia, ton e brillo da pel.
  • Factor de crecemento EGF: activador celular natural que acelera a produción de coláxeno e elastina, axudando a reducir a rugosidade e engurras na pel.
  • Cúrcuma: efecto antiengurras e hidratación.
  • Vitamina E: acción antioxidante.
  • Blueshield: protección fronte á luz azul dos dispositivos dixitais, que causa a aceleración do envellecemento, engurras e hiperpigmentación da pel.
  • Algodón de Arabia: protexe, repara, hidrata, achega elasticidade e reduce as engurras.
  • Manteiga de Karité: flexibilidade, elasticidade e nutrición.

Modo de emprego

  • Aplica pola noite sobre a pel limpa, mediante unha lixeira masaxe no rostro, pescozo e escote.

Frecuencia de uso

  • A diario, pola noite.

Deixa sensación graxa?

  • Absórbese con facilidade tras unha suave masaxe, sen deixar sensación graxa.

Para todo tipo de peles

Recambio para a crema facial NOITE

Recambio para a crema, que ademais contén a súa propia tapa para poder transportalo comodamente sen necesidade de tarro. Véndense por separado.

Contorno de labios

Imagen Texto 4 Regen Skin

Beneficios

  • Rexenerador intensivo da zona peribucal do rostro.
  • O efecto do licopeno reduce as engurras e equilibra de forma natural os niveles de hidratación e firmeza.

Principios activos

  • Hidratante con alto poder antioxidante e rexenerador grazas á súa formulación con licopeno.

Modo de emprego

  • Aplica cunha lixeira masaxe ao redor dos labios sobre a pel limpa e seca ata a súa total absorción.
  • Pódese usar de día e de noite

Outras recomendacións

Coñeces a nosa Liña facial Antimanchas? Permíteche mellorar o aspecto da túa cute e ter un ton máis uniforme e unificado.