Sabes como preparar a túa cute para a maquillaxe e darlle a hidratación, tersura e luminosidade que necesita?
Aquí tes dúas opcións de ampolas faciais para mellorar o aspecto da túa pel, coidala e lucir unha maquillaxe perfecta estas festas. Ponlle a mellor cara a este Nadal!
Ampolas factores de crecemento Skin Care
Tratamento semanal rexuvenecedor intensivo con efecto tensor, hidratante e antiengurras grazas á función de cada unha das ampolas:
- Ampola día 1: hidrata.
- Ampola día 2: reafirma.
- Ampola día 3: repara.
- Ampola día 4: unifica o ton da pel.
- Ampola día 5: enche.
- Ampola día 6: antioxidante.
- Ampola día 7: rexuvenece.
O resultado é unha pel máis firme, máis lisa, máis hidratada e luminosa.
Dobre beneficio:
- Inmediato: aparencia de tersura e luminosidade.
- A longo prazo: reafirman e hidratan.
Modo de uso:
- Utiliza cada día a ampola correspondente, seguindo a orde indicada.
- Reparte o contido da ampola en dúas aplicacións, mañá e noite.
1. Axita a ampola antes de usar.
2. Rompe a boca da ampola premendo lixeiramente cara a abaixo ata oír un clic.
3. Verte o contido que sexa necesario sobre a man.
4. Aplica sobre a cara, o pescozo e o escote con movementos circulares ata a súa total absorción.
Cerra a ampola utilizando como tapón a boca invertida para conservar o produto ata a súa segunda aplicación.
Apto para todo tipo de peles.
Ampolas faciais Sisbela Reafirm spray flash tensor effect
Tratamento inmediato con activos que tensan e reafirman a pel mellorando visiblemente o seu aspecto.
Modo de uso:
- Coa pel limpa, aplica sobre o rostro ou na palma da man. Masaxea sobre o rostro ata a súa total absorción.
Apto para todo tipo de peles, incluso as peles sensibles.
Outras recomendacións
Descubre os Lotes recargables Verissime.
Aprende a facer unha pedicura perfecta en 5 sinxelos pasos.
Depílate de forma cómoda e indolora coa nosa Liña de produtos de depilación.