A Liña Argán Oil Deliplus, para cabelos secos, é un ritual único de nutrición para o teu cabelo. Combina o xampú e a mascarilla, ou o xampú e a mascarilla sen aclarado, para lucires un cabelo suave, hidratado e brillante. O aceite de argán, a keratina e a xoxoba uníronse para lle dar vida ao teu cabelo mentres gozas dunha exótica fragrancia.
Descubre os compoñentes principais da Liña Argán Oil:
- Aceite de Argán
Última tendencia en ingredientes activos para produtos capilares polas súas cualidades hidratantes, antioxidantes e rexenerativas. Achega brillo, forza e hidratación.
- Keratina
Esta proteína presente de xeito natural na fibra capilar, é moi apreciada polas súas propiedades para conseguires un cabelo máis manexable, brillante e doado de penteares. Tamén axuda no selado das puntas abertas.
- Aceite de Xoxoba
Actúa como un emoliente profundo no coiro cabeludo, hidratándoo en profundidade e equilibrando os seus niveis de pH.
Consellos para un resultado espectacular:
- Desenlea o cabelo antes de o lavares
Este sinxelo xesto previo evita que o teu cabelo se enlee mentres estea mollado e axuda a penetraren mellor o xampú ou a mascarilla no cabelo para conseguires o efecto desexado
- Potencia o efecto da mascarilla
A calor permite que os activos da mascarilla penetren mellor. Para o conseguires envolve a cabeza coa Toalla Turbante seca cabelo Deliplus quente, até que arrefríe. Para quentares o turbante, mete a toalla sempre húmida no microondas a unha potencia non superior a 800w e como máximo 1 minuto. Como precaución, comproba que a toalla non estea excesivamente quente antes de a aplicares.
- Mascarilla sen aclarado
Hidrata o cabelo sen necesidade de o aclarares con auga, recoméndase para cabelos secos. Aplícaa sobre o cabelo mollado para o desenleares mellor e o nutrires ou aplícaa sobre o cabelo seco para evitares o encrespamento e lle achegares brillo.
Transforma xa o teu cabelo seco co ritual único da Liña Argán Oil Deliplus. Dispoñible na Perfumería de Mercadona!
Outras recomendacións:
Non esquezas nutrir a túa pel coa Hidratante Corporal baixo a ducha de Mercadona. Hidrata a túa pel sen necesidade de te secares.