Agora podes manter o teu peitado todo o día, sen que o teu cabelo pareza amazocado ou con falta de brillo e vitalidade. A Laca Extraforte de Mercadona, de longa duración, consegue que o teu pelo luza perfecto durante horas grazas á súa alta fixación.
Pódela encontrar en dous tamaños: o grande é axeitado para uso doméstico, o pequeno posúe o tamaño ideal para o levares no bolso ou de viaxe e, así, utilizalo sempre que o desexares.
A súa fragrancia floral, combina elementos cosméticos con toques afroitados.
Consigue a aplicación perfecta pulverizando de xeito uniforme por todo o peiteado, a 25-30 cm de distancia.
Truco
Se o que desexas é volume aplica a Laca Extraforte de Mercadona nas raíces, coa cabeza cara abaixo, e despois peitea o teu cabelo como desexes.
Outras Recomendacións
Se queres lucir unha melena de cine, a Liña Argán Oil nutre os cabelos secos, devolvéndolles o seu brillo, forza e hidratación.