AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Descubre o noso novo Kit de Pinceis de Maquillaxe para estar perfecta este Nadal. Encantarache!

Kit de pinceis para unha maquillaxe ideal

29 de novembro de 2018

Este Nadal renova o teu aspecto con este Kit de Pinceis de Maquillaxe de Mercadona, que podes levar contigo a calquera parte grazas ao seu coqueto neceser.

Características do Kit de Pinceis de Maquillaxe

Contén catro Brochas de Maquillaxe fabricadas con pelo sintético, moi manexables e suaves, que resolverán calquera necesidade de maquillaxe que se che presente.

Brocha Maquillaxe

  • Indicada para todo tipo de maquillaxes, ben sexan fluídas ou compactas.
  • Permite aplicar a maquillaxe utilizando menos produto.
  • Acabado perfecto.

Brocha Pos

  • Indicada para a aplicación de pos soltos ou compactos.
  • Impregnar o pincel con pos e repartir de maneira uniforme sobre o rostro.
  • Efecto natural.

Pincel Sombra

  • Indicado para a aplicación de sombras
  • Esfuma as sombras de ollos.

Pincel Sombra biselado:

  • Indicado para delinear e formar unha liña con sombra escura limitando coas pestanas.

Recomendación importante: non esquezas limpar as brochas de maquillaxe para mantelas en bo estado. É recomendable lavalas con xabón neutro e deixalas secar en posición horizontal.

Ten en conta que é un produto de edición limitada, así que apura: poderás encontralo nas tendas ata a fin de existencias.

Outras recomendacións

Se buscas ideas para maquillar os ollos e conseguir unha mirada máis luminosa, aquí tes o Lapis de Ollos Beixe, un lapis con 5 usos.

Descubre como lucir unha manicura perfecta en 8 sinxelos pasos