Descubre os 5 usos que podes darlle ao Lapis de Ollos Beixe Deliplus:
- Ilumina a túa mirada
- Define o arco das cellas
- Agranda visualmente os ollos
- Estiliza o teu rostro
- Obtén máis volume nos labios.
Un lapis de maquillaxe versátil e fácil de utilizar, que xa se converteu nun dos produtos de beleza máis buscados da tempada.
Encóntrao na Perfumería de Mercadona e dálle luz ao teu rostro!
Aprende a utilizar o Lapis de Ollos Beixe Deliplus nestes 5 sinxelos pasos que che presentamos no seguinte vídeo.
5 usos do Lapis de Ollos Beixe Deliplus
1. Aplica na zona do lacrimal e ilumina a túa mirada de maneira sutil.
2. Define o arco das cellas. A cor clara despexará a zona da pálpebra superior.
3. Para agrandar a túa mirada Traza co lapis na parte baixa do ollo. É quizais o uso máis estendido do lapis beixe e un truco instantáneo para que a túa mirada pareza máis descansada.
4. Debuxa unha liña desde a fronte ata o nariz e esfuma para estilizar o teu rostro. Conseguirás luz e volume para esculpir as faccións nun só xesto.
5. Marca unha liña sobre o labio para conseguir máis volume e fai que os teus labios parezan máis grosos. Suaviza o trazado esfumando cos dedos.
Así de fácil. Co Lapis de Ollos Beixe Deliplus conseguirás unha mirada máis luminosa, un rostro máis estilizado e descansado e uns labios con máis volume.
Outras recomendacións.
Se che gusta presumir de Manicura perfecta, sigue estes 8 pasos que che axudarán a ter unhas mans moi coidadas.
E para darlle un toque de cor ás túas uñas, elixe entre a nosa ampla variedade de lacas de uñas Deliplus.